Chevrón
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un chevrón, é un símbolo usado na heráldica e que ten a forma dun compás. Habitualmente o vértice superior deste compás acostuma situarse no centro do escudo, aínda que en certas disposicións desprázase ata o seu bordo superior. As súas patas apóianse nos vértices inferiores do rectángulo no que o escudo se inscribe. O seu significado era o de protección ou de inspiradores de aqueles que fan grandes obras pola fe.
Actualmente, xa sexa na súa representación orixinal ou invertida, é un símbolo moi utilizado para a distinción de rangos militares.
| 1. Heráldica | |
|---|---|
| heráldica - terminoloxía da heráldica - escudo - armorial | |
| 2. Divisións do escudo | |
| puntos, lugares ou situacións no campo: xefe - cantón - abismo - punta - pau - barra - banda - faixa | particións do campo | |
| 2.1. Fondos | |
| fondo - esmalte - estaño | ouro - prata | sable - azur - goles - sinople | aceiro - alaranxado - púrpura - sanguíneo - leonado | |
| 2.2. Forros | |
| forro | armiño - veiro | |
| 3. Figuras, cargas ou carganzas | |
| pezas e mobles / sotuer - chevrón | aguia - león - lobo - oso: rampante - parlante - pasmado |