Peter Doig

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peter Doig
Nacemento17 de abril de 1959
Lugar de nacementoEdimburgo
NacionalidadeReino Unido
Alma máterEscola de Arte de Saint Martin, Chelsea College of Art and Design e Wimbledon College of Art
Ocupaciónpintor e debuxante
Na rede
Discogs: 2432235 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Peter Doig

Peter Doig, nado en Edimburgo o 17 de abril de 1959, é un pintor escocés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1962 foi vivir coa súa familia a Trindade e Tobago, e en 1966 foi ao Canadá. Regresou ao Reino Unido en 1979, indo estudar en Wimbledon School of Art, en St Martin's School of Art e, máis tarde, na Chelsea School of Art, onde recibiu un MA. En 2002 volveu a Trindade, onde abriu un estudo cerca de Porto España, e pasou a ser profesor na Academia de Belas Artes de Düsseldorf (Alemaña).[1]

A súa obra consiste, moitas veces, en paisaxes, ás veces reminiscentes da súa infancia e xuventude pasada no Canadá e inspiradas por fotografías, aínda que sen ser no estilo foto-realista. A súa pintura revela influencias de pintores impresionistas, postimpresionistas e expresionistas, como Caspar David Friedrich, Claude Monet e Edvard Munch.

O traballo de Doig captura momentos de tranquilidade, que contrastan cos elementos oníricos. O pintor emprega combinacións de cores e presenta escenas de ángulos inesperados, contribuíndo a dar á súa obra unha sensación de realismo máxico. As súas pinturas representan, moitas veces, lagos con canoas, cabanas perdidas nos bosques e esquiadores en escenarios montañosos.

Doig está representado nalgúns dos principais museos do mundo.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]