Gloria Swanson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gloria Swanson
Gloria Swanson 1941.jpg
Swanson en 1941
Nacemento Gloria May Josephine Swanson
27 de marzo de 1899
Chicago, Illinois
Falecemento 4 de abril de 1983
Nova York
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Profesión Actriz
Cónxuxe(s) Wallace Beery (1916-1919)
Herbert K. Somborn (1919-1922)
Henri de la Falaise (1925-1930)
Michael Farmer (1931-1934)
William Davey (1945-1946)
William Dufty (1976-1983)
Ficha na IMDb

Gloria May Josephine Swanson, nada en Chicago, Illinois o 27 de marzo de 1899 e finada en Nova York o 4 de abril de 1983 foi unha actriz, cantante e produtora estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla dun soldado, de pequena viviu en varios lugares, coma Porto Rico e Florida. Nunha visita aos Essanay Studios suxeríronlle que volvese para traballar como extra. En 1916, tras o divorcio dos seus pais marchou coa súa nai a California.

En 1919 asinou un contrato coa Paramount Pictures, traballando decotío con Cecil B. DeMille, que a levou a interpretar protagonistas. En 1927 decidiu rexeitar un contrato dun millón de dólares coa Paramount para unirse á United Artists, na que tamén sería produtora.

Aínda que seguiu traballando no cinema sonoro, cando a súa carreira comezou a declinar marchou a Nova York, desde onde axudou a rescatar a científicos e inventores xudeus durante a Segunda Guerra Mundial.

En 1950 foi rescatada por Billy Wilder para o papel de Norma Desmond no seu filme Sunset Boulevard, tras as negativas de Mae West, Mary Pickford e Pola Negri. Tras este éxito seguiu traballando no teatro e na televisión.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Filme
1918 Society for Sale
1918 Her Decision
1918 Station Content
1918 You Can't Believe Everything
1918 Everywoman's Husband
1918 Shifting Sands
1918 The Secret Code
1918 Wife or Country
1919 Don't Change Your Husband
1919 For Better, for Worse
1919 Male and Female
1920 Why Change Your Wife?
1920 Something to Think About
1921 The Great Moment
1921 The Affairs of Anatol
1921 Under the Lash
1921 Don't Tell Everything
1922 Her Husband's Trademark
1922 Her Gilded Cage
1922 Beyond the Rocks
1922 The Impossible Mrs. Bellew
1922 My American Wife
1923 Prodigal Daughters
1923 Bluebeard's 8th Wife
1923 Zaza
1924 The Humming Bird
1924 A Society Scandal
1924 Manhandled
1924 Her Love Story
1924 Wages of Virtue
1925 Madame Sans-Gêne
1925 The Coast of Folly
1925 Stage Struck
1926 The Untamed Lady
1926 Fine Manners
1927 The Love of Sunya
1928 Sadie Thompson
1929 Queen Kelly
1929 The Trespasser
1930 What a Widow!
1931 Indiscreet
1931 Tonight or Never
1933 Perfect Understanding
1941 Father Takes a Wife
1950 Sunset Boulevard
1952 Three for Bedroom "C"
1956 Nero's Mistress
1974 Airport 1975

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Gloria Swanson

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Carr, Larry (1970). Four Fabulous Faces: Swanson, Garbo, Crawford, Dietrich. Galahad Books. ISBN 0-88365-044-4.
  • Quirk, Lawrence J. (1984). The Films of Gloria Swanson. Citadel Press. ISBN 0-8065-0874-4.
  • Staggs, Sam (2003). Close-up on Sunset Boulevard: Billy Wilder, Norma Desmond, and the Dark Hollywood Dream. St. Martin's Press. ISBN 0-312-27453-X.
  • Swanson, Gloria (1980). Swanson on Swanson. Random House.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]