Enya
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Enya | |
|---|---|
{{{caption}}} |
|
| Información | |
| Orixe | Gweedore, County Dongeal |
| País | Irlanda |
| Período | 1986-actualidade |
| Xénero(s) | New Age |
| Selo(s) discográfico(s) | Warner Bros. |
| Membros | {{{membros}}} |
| Antigos membros | {{{antigos_membros}}} |
| Web oficial | Enya.com |
Enya, pseudónimo de Eithne Ní Bhraonain, é unha cantante irlandesa nacida o 17 de maio de 1961 no condado de Donegal.
Iniciouse na carreira musical cun grupo de música celta chamado Clannad, que significa "Familia". Pertencente a unha familia de músicos, en 1982 uniuse a Nicky e Roma Ryan coa intención de compor bandas sonoras para películas: a primeira encarga importante foi para o documental británico The Celts; aínda que o éxito chegou d man de Watermark, que sentou o esquema xeral que ían seguir todos os seus discos. Dende 1987, a cantante compón e produce as súas propia obras.
Xunto a algúns temas instrumentais, sempre teñen un oco as cancións na súa lingua materna, o gaélico, e ás veces en latín. Así mesmo, ten cancións en galés, español, as linguas imaxinarias d´O Señor dos Aneis ou, máis recentemente, o xaponés. Mais a lingua maioritaria é o inglés.
Nos seus discos podemos encontrar música con piano ou melodías atomizadas. As súas gravacións son a base de superposición de voces modificadas con sintetizadores.
[editar] Discografía
- The Frog Prince (1985)
- Enya (1987)
- Watermark (1988)
- Shepherd Moons (1991)
- The Celts (1992, reedición de Enya)
- The Memory of Trees (1995)
- Paint the sky with stars: The best of Enya (1997)
- A Day Without Rain (2000)
- The Lord of The Rings (Part I): as cancións "The Fellowship of the Ring" e "May It Be" (2001).
- Amarantine (21 de novembro de 2005)
- Sounds of the season (EP con 6 cancións de nadal, outubro de 2006)
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Páxinas Web oficiais:
- Páxinas Web non oficiais
- Willows On The Water - Unofficial Enya's Website
- Out of the Blue Web non oficial con ampla información sobre Enya
- Enya - Translations and Lyrics

