Ellen Swallow Richards

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEllen Swallow Richards

(1870) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Ellen Henrietta Swallow (Nellie) Editar o valor em Wikidata
3 de decembro de 1842 Editar o valor em Wikidata
Dunstable (Massachusetts), Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte30 de marzo de 1911 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Boston, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaChrist Church Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaJamaica Plain (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts
Vassar College (pt) Traducir
Westford Academy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoQuímica ambiental Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónquímica , ecoloxista , escritora , ecoloxista , profesora universitaria , economista , meteorological observer (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
EmpregadorInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeRobert Hallowell Richards (1875–)
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Swallow-369

Ellen Henrietta Swallow Richards, nada en Dunstable (EE.UU) o 3 decembro de 1842 e finada en Boston o 30 de marzo de 1911, foi unha química e ecóloga estadounidense, pioneira da enxeñaría ambiental[1] e fundadora da economía doméstica.[2]

Ellen S. Richards adicou grandes esforzos a que as mulleres foran recoñecidas no mundo da ciencia e puideran ser admitidas nas sociedades científicas.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Os pais de Ellen Swallow, Peter Swallow e Fanny Taylor non tiñan grandes recursos económicos pero valoraban a educación. Ellen non contaba con moito tempo para acudir á escola, porque tiña que apoiar os negocios dos seus pais. Con todo, Ellen a partir de 1859 tomou cursos universitarios de matemáticas, francés e latín.

Ellen Swallow Richards

Estudos no Vassar College[editar | editar a fonte]

Ellen era unha boa estudante e traballou durante uns anos como profesora e titora para aforrar diñeiro para poder asistir á universidade. En 1868, foi aceptada no Vassar College, onde estudou astronomía e química, entre outras cousas. Foi alumna de Maria Mitchell.

Estudos no MIT[editar | editar a fonte]

En 1870 converteuse na primeira muller admitida no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. En 1873, Ellen Swallow obtivo unha licenciatura en química no MIT. Continuou os seus estudos no MIT e tería acadado o doutoramento se non fose pola negativa do MIT a conceder esta distinción a unha muller, cousa que non fixo ata 1886 cando concedeu por primeira vez un máster en Ciencias en Química a unha muller .

En 1875 Ellen casou co profesor de metalurxia da MIT, Robert H. Richards. Ambos apoiábanse nos seus intereses e no seu traballo.

Vida Laboral[editar | editar a fonte]

Despois de graduarse no MIT, co apoio do seu marido e da Woman's Education Association abriu o Laboratorio da Muller no MIT, onde ensinaba as mulleres química básica e industrial, bioloxía, e mineraloxía.[4] Tamén en 1876, se convirteu na xefa da sección de ciencia do Society to Encourage Studies at Home, sociedade que formaba ás amas de casa e ás familias en diversas materias, tales como: economía do fogar, nutrición, etc. .

As mulleres non obtiveron autorización para estudar unha carreira regular no MIT até 1883. Por tanto Ellen Richards logrou a través do seu labor que as mulleres puideran estudar as ciencias naturais no MIT.

Desde 1887 en diante a Ellen Richards asignóuselle por parte de autoridades sanitarias estadounidenses o traballo de laboratorio dun estudo total da subministración de auga en Estados Unidos. Isto levou a que en 1890 se establecese un programa de Sanitary engineering (Enxeñaría Sanitaria) no MIT. Como profesora Ellen Richards ensináballe ao seu alumnado a análise de auga potable, augas residuais e o aire.[5]

Ademais das súas actividades laborais Ellen Richards e o seu esposo apoiaron activamente durante case un cuarto de século a mulleres novas que estaban interesadas no estudo das ciencias naturais.

Algunhas publicacións[editar | editar a fonte]

  • ellen Richards. Food materials and their adulterations. Boston: Estes and Lauriat, (1885); Home Science Publishing Co. 1886. 
  • -------------------. Plain words about food: the Rumford kitchen leaflets 1899. Boston: Home Science Publishing Co. 
  • -------------------. 1904. First lessons in food and diet. Boston: Whitcomb & Barrows
  • -------------------. 1905. The Cost of shelter. Nova York: J. Wiley & Sons ISBN 1-4142-3012-5
  • -------------------. 1906?. Meat and drink. Boston: Health-Education League
  • -------------------. ca. 1908. Richards, Ellen. The Efficient worker. Boston: Health-Education League
  • -------------------. ca. 1908. Health in labor camps. Boston: Health-Education League
  • -------------------. 1908 ou 1909. Tonics and stimulants. Boston: Health-Education League
  • -------------------. 1914. Air, water, and food: from a sanitary standpoint. 4ª ed. rev. e reescrito. Nova York: J. Wiley & Sons
  • -------------------. Euthenics: The Science of Controllable Environment : A Plea for Better Conditions As a First Step Toward Higher Human Efficiency (Public health in America) ISBN 0-405-09827-8

Notas[editar | editar a fonte]

  1. García, Laura (2014-09-08). "Ellen Swallow Richards, pionera de la ingeniería medioambiental". Mujeres con ciencia (en castelán). Consultado o 2020-03-30. 
  2. Tomé, César (2016-04-13). "Ellen Richards: la economía doméstica como cultura científica". Mujeres con ciencia (en castelán). Consultado o 2020-03-30. 
  3. Científicas y sufragismo. SIEMUS (Seminario Interdisciplinar de Estudios de las Mujeres de la Universidad de Sevilla. 2016. ISBN 978-84-945243-2-5. 
  4. "Ellen H. Swallow Richards". Science History Institute (en inglés). 2016-06-01. Consultado o 2020-04-11. 
  5. Muñoz Páez, Adela; Garritz, Andoni (2013-03-01). "Mujeres y química ii. Siglos xviii y xix". Educación Química (en castelán) 24: 156–162. ISSN 0187-893X. doi:10.1016/S0187-893X(13)72509-6. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]