Maria Mitchell
Maria Mitchell, nada en Nantucket (Massachusetts), en 1818 e finada en 1889, foi a primeira muller dedicada a astronomía en Estados Unidos.
Traxectoria [editar]
Ensinou astronomía a mulleres no Vassar College. Terceira nunha familia con dez fillos, asistiu a un centro de ensino para señoriñas, tendo ademais unha auto-educación.
O primeiro de outubro de 1847 descubriu un cometa co telescopio, feito polo que recibiu unha medalla de ouro do rei Federico de Dinamarca. Foi a primeira muller elixida para ocupar un posto en diversas institucións científicas americanas, como a AAAS (Asociación Americana para o Avance da Ciencia). Fundou e foi presidenta da Asociación Americana para o Avance das Mulleres. Así mesmo, obtivo un grao honorario en Columbia, e leva o seu nome un cráter lunar, entre outras diversas citas posibles dos recoñecementos recibidos.