Elasmotherium sibiricum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Elasmoterio
Rango fósil: Plistoceno
Estado de conservación
Extinto en época prehistórica
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Perissodactyla
Familia: Rhinocerotidae
Subfamilia: Rhinocerotinae
Tribo: Elasmotheriini
Xénero: Elasmotherium
Fischer, 1808
Especie: E. sibiricum †
J. Fischer, 1809[1]
Distribución de E. sibiricum durante o Plistoceno medio e superior
Distribución de E. sibiricum durante o Plistoceno medio e superior

Distribución de E. sibiricum durante o Plistoceno medio e superior

O elasmoterio (Elasmotherium sibiricum, gr. ‘besta da chaira siberiana’) é unha especie extinta de mamífero perisodáctilo da familia Rhinocerotidae.

Foi un enorme rinoceronte do continente asiático e algúns especialistas afirman que puido ser a orixe da lenda do mítico unicornio, pois tiña un só corno de dous metros de longo, puntiagudo e excepcionalmente groso, produto da fusión dos dous cornos habituais nos rinocerontes. Debido a iso, tamén se lle adoita chamar unicornio xigante ou unicornio siberiano.[2]

Hábitat e alimentación[editar | editar a fonte]

O elasmoterio viviu durante o Plistoceno nas estepas de Rusia e Asia Central, ó sur das áreas ocupadas polo seu contemporáneo o rinoceronte laúdo, onde se alimentaba de herbas. Os dentes, semellantes ós dun cabalo, identifícano inequivocamente como un pastador especializado.[3]

Extinción[editar | editar a fonte]

Vista lateral do cranio e o corno.

Os elasmoterios desaparecen do rexistro fósil a finais do Plistoceno, hai uns 10 000 anos, xunto con gran parte da megafauna do hemisferio norte, polo que se considera esa como a data máis probable da súa extinción. Porén, hai quen afirman que algunhas poboacións puideron sobrevivir algúns milenios máis, dando lugar a algunhas bestas do folclore das estepas de Eurasia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Petrova, Ekaterina (2010). "New data about the skull of the Elasmotherium sibiricum.". En Insitute of the Russian Academy of Sciences. Quaternary stratigraphy and paleontology of the Southern Russia: connections between Europe, Africa and Asia (pdf). Rhino Resource Center (en inglés) (Rostov-on-Don). pp. 121–122. ISBN 978-5-902 982-83-8. Consultado o 10 de outubro de 2015. 
  2. Díaz, Camila (10 de setembro de 2018). "¿Los unicornios realmente existieron? Un fósil demuestra que estos animales habitaron hasta hace sólo 29 mil años". Emol (en castelán). Consultado o 10 de setembro de 2018. 
  3. N.G. Noskova. "Elasmotherians - evolution, distribution and ecology". The World of Elephants - International Congress, Rome 2001 (HTML o PDF) (en inglés).