El fotógrafo de Mauthausen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El fotógrafo de Mauthausen
Ficha técnica
Título orixinalEl fotógrafo de Mauthausen
DirectorMar Targarona
Produtor
  • István Major
  • Joaquín Padró
  • Mar Targarona
GuiónAlfred Pérez Fargas
Roger Danès
Intérpretes
MúsicaDiego Navarro
FotografíaAitor Mantxola
MontaxeJosé Luis Romeu
Estudio
DistribuidoraFilmax
Estrea26 de outubro de 2018
Duración110 minutos
OrixeEspaña España
XéneroDrama biográfico
Na rede
IMDB: tt6704776 Filmaffinity: 842174 Allocine: 250438 Metacritic: movie/the-photographer-of-mauthausen Netlix: 80191608Editar o valor em Wikidata

El fotógrafo de Mauthausen é un filme español de 2018 dirixido por Mar Targarona. Está protagonizado por Mario Casas, Macarena Gómez e Alain Hernández.[1] Baséase en feitos reais, e conta a historia de Francesc Boix i Campo, un combatente republicano español e fotógrafo que foi internado no campo de concentración de Mauthausen, durante a segunda guerra mundial.[2]

Sinopse[editar | editar a fonte]

Boix é un fotógrafo que despois de loitar no exército republicano durante a guerra civil española, é internado no campo de concentración de Mauthausen. Alí emprega o seu oficio no laboratorio fotográfico das SS para agochar negativos que proben os crimes e abusos que se producen no campo cando remate a guerra. Boix tamén realizou moitas fotografías de Mauthausen trala liberación e foi testemuña nos xuízos de Núremberg.[3]

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Mario Casas como Francesc Boix i Campo
  • Richard van Weyden como Paul Ricken
  • Alain Hernández como Valbuena
  • Adrià Salazar como Anselmo Galván
  • Eduard Buch como Fonseca
  • Stefan Weinert como Franz Ziereis
  • Rubén Yuste como Rosales
  • Nikola Stojanovic como Bonarewitz
  • Frank Feys como Popeye
  • Macarena Gómez como Dolores
  • Joan Negrié como Lejías
  • Rainer Reniers como Poschacher
  • Marta Hallan como Anna Pointner
  • Dénes Ujlaky como Albert Pointner

Produción[editar | editar a fonte]

A rodaxe, que comezou o 30 de outubro de 2017,[4] levouse a cabo en Terrasa e Budapest. Nesta cidade aproveitáronse os mesmos decorados dun campo que se empregaron no filme O neno co pixama de raias.

O actor Mario Casas perdeu 12 quilos para interpretar o Boix preso.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Exclusiva: Alain Hernández y Macarena Gómez se suman a ‘El fotográfo de Mauthausen’". Fotogramas (en castelán). Consultado o 27 de febreiro de 2018. 
  2. Antón, Jacinto (23 de novembro de 2017). Prisa, ed. "La vida del fotógrafo que sufrió el horror nazi se convierte en película". El País. Consultado o 5 de xaneiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 Antón, Jacinto (23 de novembro de 2017). "La vida del fotógrafo que sufrió el horror nazi se convierte en película". El País. Consultado o 5 de xaneiro de 2018. 
  4. "Mario Casas protagoniza 'El fotógrafo de Mauthausen', participada por RTVE". RTVE.es. 10 de novembro de 2017. Consultado o 5 de xaneiro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]