Mario Casas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mario Casas
Mario Casas.jpg
Mario Casas durante a presentación de Carne de Neón.
Nacemento Mario Casas Sierra
12 de xuño do 1986 (27 anos)
A Coruña, Galicia Galicia
Profesión Actor
Parella(s) María Valverde (2009-)
Ficha na IMDb

Mario Casas Sierra, nado na Coruña o 12 de xuño de 1986, é un actor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado no barrio coruñés da Sardiñeira, en 1994 marchou vivir a Barcelona coa súa familia. Alí comezou a traballar en publicidade, ata que a finais do 2003 marchou estudar teatro a Madrid. En 2006 participa en SMS unha serie emitida en La Sexta. Nese mesmo ano Casas debuta no cine co filme El camino de los ingleses, dirixido por Antonio Banderas, mais a súa sona acadaríaa grazas á súa participación na serie de televisión española Los hombres de Paco.

No 2009 foi protagonista de dous dos filmes españois de máis exito en recadación do ano; Fuga de cerebros, coprotagonizada con Amaia Salamanca, e mais Mentiras y gordas canda Yon González, Ana María Polvorosa, Ana de Armas e mais Hugo Silva. Ambalas duás conseguieron lidera-la taquilla nacional durante a fin de semana da súa estrea.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Viviu en Collbató e Esparreguera (Barcelona). Foi relacionado sentimentalmente coa tamén actriz Amaia Salamanca, coa que protagonizou Fuga de cerebros. Ten dous irmáns que, coma el, son actores; Christian Casas e Óscar Casas, e mais unha irmá; Sheila Casas.

En 2009 empezou una relación coa tamén actriz María Valverde, coñecéndose ó coincidir na rodaxe da película La mula, que se estreou en maio de 2013, debido a diversos problemas.[1]

Televisión[editar | editar a fonte]

Series[editar | editar a fonte]

Personaxes fixos[editar | editar a fonte]

Personaxes episódicos[editar | editar a fonte]

Cine[editar | editar a fonte]

Longametraxes[editar | editar a fonte]

Referencias[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]