O Anarquista
| O anarquista | ||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
O anarquista é unha novela de Leandro Pita Romero, escrita en castelán (El anarquista) e publicada o 20 de decembro de 1924 na revista-editorial Lar, traducida por Leandro Carré Alvarellos e coa capa deseñada por Camilo Díaz Baliño.
Índice |
Trama [editar]
A novela está ambientada na aldea ficticia de San Xián de Lanzós. Marica é unha rapaza pobre, que ten unha vaca pero non prados para alimentala. Coma todos os habitantes da aldea, agás o cura, ten un alcume. O seu é "A anarquista", e recibiuno por vía parental.
Seu pai era Mariano de Vilar, un labrego relativamente acomodado. Malia as primeiras reticencias da súa muller, quere darlle unha educación á súa filla, que xa colabora na economía familiar escribindo cartas para os familiares emigrados dos veciños da aldea. Mariano vende as vacas e as terras que ten e monta unha tenda, onde a rapaza dá clases aos rapaces da aldea.
Porén, o cacique da aldea, Andrés, tiña outra tenda, e logra que Mariano peche a súa, co conto de que lle faltan uns permisos administrativos. Mariano, xa maior, cando se decata da xogada, decide non quedar de brazos cruzados, e fabrica un artefacto explosivo con dúas cabezas dos foguetes de dinamita das romarías, que coloca na vivenda do cacique. Non obstante, non causa ningún dano, agás a morte dun porco, o aborto dunha vaca e a rotura dalgúns vidros.
Malia que ese mesmo día é avisada a garda civil e o xuíz, logo de declarar Mariano morre na casa, quedándolle o alcume de "anarquista" polos múltiples atentados acontecidos na época a mans de anarquistas cataláns.
Narración [editar]
O anarquista é un cadro costumista que presenta de xeito estereotipado diversas situacións e personaxes presentes no debate agrarista dos anos 20: a figura do cacique, a necesidade de educación para a clase baixa, o pago de rendas, a liberación de terras improdutivas, o ascenso do pequeno campesiñado á pequena burguesía comercial, ou o uso da violencia revolucionaria.
Fai unha achega á realidade antropolóxica da clase rural galega.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- "Nova edição da CNT: O anarquista de Leandro Pita Romero". Publicación da edición facsímile.