El Iris del Bello Sexo
El Iris del Bello Sexo | |
---|---|
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Santiago de Compostela |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Iris del Bello Sexo foi un periódico editado en Santiago de Compostela en 1841.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulado Periódico de literatura y costumbres, apareceu o 2 de maio de 1841. De dezaseis páxinas, o seu editor e responsable era José Núñez Castaño. Figuraban como redactoras Enarda, Galatea, Isabel R., Clorinda, Carmen e outros escritores como José María Posada, Jacinto R. López e os irmáns Alberto e Antonio Camino. Pérez Costanti identifica a Enarda e Galatea con A. Camino, se ben xa no número 2 Galatea abandonaba a publicación por temor a que se descubrise a súa identidade. No aspecto literario mófase dos románticos santiagueses "con sus guedejas colgando a lo ruso ó a lo bárbaro". Cesou a súa publicación co número 9, en xuño de 1841, cambiando o título por El Iris de Galicia, continuando coa numeración anterior até agosto dese ano, cando se anunciou a súa desaparición definitiva, substituído por Revista de Galicia.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Iris del Bello Sexo, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Dobarro e Fandiño (2005). "Iris del Bello Sexo, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Lorenzana, Salvador (abril - maio - xuño, 1988). "Breve historia da prensa periódica en Galicia". Grial: 210–222. ISSN 0017-4181.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.