Eduardo de Almeida Navarro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEduardo de Almeida Navarro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de febreiro de 1962 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Fernandópolis, Brasil (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBrasil Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de São Paulo
UNESP Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoTupí, lingua guaraní, Tupí, Linguas indíxenas de América, dicionario e Lingua nheengatu Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónprofesor universitario , lingüista , filólogo , lexicógrafo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de São Paulo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisGabriel Navarro Alonso (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Dalva de Almeida Navarro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Eduardo de Almeida Navarro, nado en Fernandópolis, o 20 de febreiro de 1962,[1][2] é un filólogo e lexicógrafo brasileiro, especialista en tupí antigo e nheengatu. É un profesor na Universidade de São Paulo,[3] onde ensina tupí antigo dende 1993,[4] e nheengatu dende 2009.[4][5][6][7] Eduardo Navarro é o autor dos libros Método Moderno de Tupi Antigo, 1998 e Dicionário de Tupi Antigo, 2013, dúas obras importantes sobre a lingua tupí.[8][9][10][11]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Eduardo Navarro graduouse en Xeografía na Universidade Estatal de São Paulo e en estudos clásicos na Universidade de São Paulo.[4] En 1995, doutorouse cunha tese sobre a cuestión das linguas no Renacemento.[4][9] En 1997, publicou Anchieta: vida e pensamentos, un libro sobre o sacerdote xesuíta español José de Anchieta, autor de Arte de Gramática da Língua mais Usada na Costa do Brasil sobre a lingua tupí antiga e un dos primeiros autores da literatura do Brasil.[12]

En 1998, Navarro lanzou o libro Método Moderno de Tupi Antigo: a língua do Brasil dos primeiros séculos, que ten por obxectivo capacitar estudantes na lectura de textos dos séculos XVI e XVII nesta lingua e ao mesmo tempo amosar a penetración do tupí antigo na cultura brasileira.[3][13] En 2005 fixo un postdoutorado na India, onde estudou as orixes do mito de Sumé no Brasil.[4]

En 2013, Navarro lanzou o Dicionário de tupi antigo: a língua indígena clássica do Brasil, no que describe case oito mil palabras desta lingua, superando así o Tesoro de la lengua guaraní de Antonio Ruiz de Montoya, que conta cunhas cinco mil entradas.[4][14][15] No presente está a preparar un dicionario da lingua nheengatu.[5]

Achegas[editar | editar a fonte]

Literatura tupí[editar | editar a fonte]

Eduardo Navarro foi o organizador e principal tradutor dos libros Poemas: lírica portuguesa e tupi de 1997, e Teatro de 1999, nos cales redactou notas explicativas e modernizou a escrita orixinal dos textos, sendo escritos a maioría deles en tupí antigo por José de Anchieta.[4][16][17][18]

Foi o responsable de escribir o prefacio e as notas da reedición do libro Uma festa brasileira de Ferdinand Denis, e traduciu parte del directamente da lingua tupí antiga. A primeira edición dese libro fora publicada en 1850 en París. A nova edición foi lanzada en outubro de 2007, cunha versión bilingüe en francés e portugués. O anaco traducido por Navarro foi Poemas brasílicos, do padre Cristóvão Valente.[19]

Cartas dos indios Camarões[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Cartas dos indios Camarões.

En 2021, Eduardo Navarro anunciou que traducira as seis cartas dos potiguaras Camarões, descubertas hai máis de 130 anos nos Países Baixos, onde se gardaron durante case 400 anos. As cartas, escritas completamente en tupí, son o único rexistro escrito indíxena que se escribiu no período colonial do Brasil. Navarro ten pensado publicalas como libro.[6][20][21][22][23]

Renacemento da lingua tupí[editar | editar a fonte]

A praia da Baía da Traição, en cuxo concello homónimo se está a tentar rescatar a lingua indíxena.

Dende o ano 2000, Eduardo Navarro ten formado mestres de lingua tupí para as escolas indíxenas de Paraíba, nunha inicitativa chamada Proxecto Poti.[24] O primeiro curso de tupí clásico, celebrado en Baía da Traição,[6] durou dous anos e formou 17 monitores como profesores nas escolas do pobo potiguara, co obxectivo de aumentar o coñecemento sobre a lingua e tentar recuperala.[25][26]

Tamén se institucionalizou a lingua tupí no currículo das escolas indíxenas. De feito, a materia impártese dende os primeiros anos ata o bacharelato.[27]

No cinema[editar | editar a fonte]

Eduardo Navarro foi responsable da tradución ao tupí de todo o guión do filme Hans Staden, unha longametraxe sobre o aventureiro alemán Hans Staden que visitou o Brasil dúas veces no século XVI.[28] O filme, dirixido por Luiz Alberto Pereira, estreouse en 1999 co gallo das celebracións do aniversario 500 do Brasil.[29]

Ademais deste filme, Navarro tamén traduciu algúns diálogos da miniserie A Muralha, da Rede Globo.[3]

Premios e honras[editar | editar a fonte]

Obras[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Programa do Jô 2013, 12:00–12:30.
  2. Navarro’s birth certificate on FamilySearch. It’s also on Commons.
  3. 3,0 3,1 3,2 DUARTE, Sara (2000-04-05). "O-î-kuab abá nhe'enga". ISTOÉ Independente (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 2022-07-20. Consultado o 2022-09-11. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 NAVARRO 2005, orelha da contracapa.
  5. 5,0 5,1 NAVARRO 2013, p. 623.
  6. 6,0 6,1 6,2 FRANÇA, Valéria (2021-12-03). ""Tupi or not Tupi"". ISTOÉ Independente (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 2022-08-27. Consultado o 2022-09-11. 
  7. TUNES, Suzel. "Abá nhe'enga oîebyr. Tradução: a língua dos índios está de volta". Galileu (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 2021-02-24. Consultado o 2022-09-11. 
  8. "Disciplinas curiosas revelam heterogeneidade e amplitude das pesquisas científicas da USP". Jornal do Campus (en portugués). 2015-05-26. Arquivado dende o orixinal o 2022-07-20. Consultado o 2021-09-11. 
  9. 9,0 9,1 "Eduardo de Almeida Navarro". Letras Modernas (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 2021-08-03. Consultado o 2022-09-11. 
  10. "10 livros para conhecer línguas e povos indígenas". Museu da Língua Portuguesa (en portugués). 2022-08-29. Arquivado dende o orixinal o 2022-09-03. Consultado o 2022-10-10. 
  11. Programa do Jô 2013.
  12. "Anchieta: vida e pensamentos". Submarino (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 2022-03-16. Consultado o 2022-09-11. 
  13. NAVARRO 2013, p. 622.
  14. NAVARRO 2013, p. XII.
  15. Grupo Editorial Global 2013.
  16. NAVARRO 2004.
  17. NAVARRO 2006.
  18. SARAIVA, Renata (1999-09-23). "Obra teatral de Anchieta ganha nova tradução". Folha de Londrina (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 2022-07-20. Consultado o 2022-09-11. 
  19. "Reedição da obra Uma festa brasileira, de Ferdinand Denis, em comemoração aos cinco anos do sebo Bazar das Palavras". Sebo Bazar das Palavras (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 2016-03-24. Consultado o 2022-09-11. 
  20. TV Brasil 2021.
  21. LOPES, Reinaldo José (2021-12-04). "Cartas em tupi traduzidas pela primeira vez mostram visão indígena sobre formação do país". Folha de S.Paulo (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 2022-04-18. Consultado o 2022-09-11. 
  22. JANSEN, Roberta (2021-11-05). "Cartas no século XVII revelam únicos textos escritos pelos indígenas em tupi no Brasil colonial". Estadão (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 2021-11-18. Consultado o 2022-09-11. 
  23. FIGUEIREDO, Patrícia (2021-11-05). "Cartas do século XVII são traduzidas do tupi pela primeira vez na história: 'Por que faço guerra com gente de nosso sangue', escreveu indígena". G1 (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 2021-11-26. Consultado o 2022-09-11. 
  24. Provocações — bloco 2 2012, 1:30–3:00.
  25. FIGUEIREDO, Lucas (2000-08-27). "Homem branco ensinará tupi a índios na Paraíba". Folha de S.Paulo (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 2022-07-20. Consultado o 2022-09-11. 
  26. FARAH, Paulo Daniel (2001-07-30). "Funai quer recuperar tupi antigo na Paraíba". Folha de S.Paulo (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 2022-09-11. Consultado o 2022-09-11. 
  27. Silva & Simas 2018, pp. 401–404.
  28. Provocações — bloco 2 2012, 7:00–8:00.
  29. VALLE, Marina Della (2008-05-01). "Atores aprenderam tupi em seis meses para longa-metragem". Folha de S.Paulo (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 2022-07-20. Consultado o 2022-09-11. 
  30. "Faculdade de Filosofia, Letras e Ciências Humanas". Universidade de São Paulo. Arquivado dende o orixinal o 3 de marzo de 2016. Consultado o 11 de setembro de 2022. 
  31. KLIBANSKI, Mónica (29 de abril de 2014). "Los mejores libros para niños y jóvenes del año 2013". Noticias educ.ar (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 3 de marzo de 2016. Consultado o 11 de setembro de 2022. 
  32. Tarde Nacional 2018.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]