Eduardo Ferreirós Boullosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Eduardo Ferreirós Boullosa, nado no Carril en 1904 e falecido o 22 de agosto de 1936 no Pousadoiro, foi un sindicalista anarquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de mariñeiro[1] e traballador el tamén no mar, militou no anarcosindicalismo e chegou a ser secretario de organización da sección de pesca da CNT do Carril e presidente do sindicato de estibadores da mesma localidade. Sobre o tema da pesca e o marisqueo tamén realizou colaboracións puntuais con distintos xornais, como El Pueblo Gallego[2][3].

Asasinato[editar | editar a fonte]

Foi asasinado xunto co seu compañeiro na CNT e veciño, Julián Iglesias Del Río, quen ocupara cargos directivos no sindicato de estibadores nos anos anteriores ó 36. O seu cadáver foi abandonado na foxa nº 490 do cemiterio de Rubiáns, en Vilagarcía. Un ano máis tarde, durante un xuízo militar desenvolvido contra dezaseis veciños de Carril e Vilagarcía, foi calificado coma:

...sujeto de malos antecedentes y de ideas extremistas, muy peligroso para la nueva España[4].

A pesar de estar xa morto, foi declarado en rebeldía ("Desapareció en los primeros días del glorioso Movimiento Nacional ignorándose su paradero"[5].

Ademais dunha mención na escultura "Rosas Rotas", no parque de Miguel Hernández de Vilagarcía de Arousa, dende abril do 2004 un monólito e unha placa lembran no cemiterio de Rubiáns o seu pasamento, xunto ó doutras quince persoas máis.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A volta do tempo esquecido, La Voz de Galicia, 17/10/2008
  2. Eduardo Ferreiro e os problemas do marisqueo en 1933, La Voz de Galicia, 25/7/2008
  3. imaxe do artigo en El Pueblo Gallego, 23 de agosto de 1936
  4. Causa 610/37 do Arquivo Militar Intermedio de Ferrol
  5. Auto xudicial

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]