CSI: Crime Scene Investigation
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "CSI")
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa televisión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa televisión que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
CSI (Crime Scene Investigation, "Investigación da Escea dun Crime"), serie de televisión estadounidense de ficción televisiva e policiaca, céntrase en torno a un grupo de científicos forenses que traballa na cidade norteamericana das Vegas (Nevada) investigando crimes. Foi creada por Anthony E. Zuiker e comezou a emitirse no ano 2000.
A orixinal fórmula da serie, a súa calidade e o seu éxito e aceptación suscitaron dúas secuelas, CSI Miami e CSI Nueva York, en torno ós equipos de científicos forenses desas respectivas cidades.
O reparto está formado polos seguintes actores:
- William L. Petersen, como Gil Grissom
- Marg Helgenberger, como Catherine Willows
- Gary Dourdan, como Warrick Brown
- George Eads, como Nick Stokes
- Jorja Fox, como Sara Sidle
- Eric Szmanda, como Greg Sanders
- Robert David Hall, como o Dr. Al Robbins
- Paul Guilfoyle, como o capitán Jim Brass