Economía das Maldivas
| Economía de Maldivas | ||
|---|---|---|
| Moeda | Rufiyaa | |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC | |
| Datos estatísticos[1] | ||
| PIB | US$ 1738 millóns (2008) | |
| PIB (posición) | 186ª no mundo[2] | |
| % de crecemento PIB | 5,7% (2008) | |
| PIB per cápita | US$ 5000 (2008) | |
| PIB por sector | agricultura 7%, industria 17%, comercio e servizos 76% (2006) | |
| Inflación anual | 12,8% (2008) | |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | 21% (2004)[3] | |
| Total da forza de traballo | 128 800 (2006) | |
| % traballadores por sector | agricultura 22%, industria 18%, comercio e servizos 60% (1995) | |
| Desemprego | 14,4% (2006) | |
| Parcerías comerciais[1] | ||
| Exportacións (US$) | 113 millóns f.o.b. (2008) | |
| Principais productos exportados | peixe | |
| Principais mercados | Tailandia 28,3%, Reino Unido 17,6%, Francia 8,8%, Sri Lanka 8,6%, Alxeria 8,2%, Xapón 6,4%, Italia 4,1% (2007) | |
| Importacións (US$) | 1 276 millóns (2008) | |
| Principais productos importados | derivados de petróleo, navíos, alimentos, roupas, bens intermediarios e de capital | |
| Principais parceiros | Canadá 35,2%, Singapur 15%, Emiratos Árabes Unidos 10,2%, India 7,4%, Malasia 7,1% (2007) | |
| Finanzas públicas[1] | ||
| Débeda externa | US$ 477 millóns (2008) | |
| Receitas (US$) | 762 millóns | |
| Despesas (US$) | 884 millóns (2008) | |
| Ajuda económica recebida (US$) | 66,83 millóns (2005)[3] | |
A economía das Maldivas foi por moitos séculos totalmente dependente da pesca e outros produtos mariños; é por isto que a pesca foi e aínda permanece sendo a principal ocupación da poboación. Este feito significou tamén que o goberno deu unha prioridade especial ao desenvolvemento do sector pesqueiro.
Ademais da pesca, outra actividade que creceu durante os últimos anos é o turismo. O seu desenvolvemento creou directa e indirectamente emprego e xerou oportunidades noutras áreas laborais, como nas industrias. Na actualidade, o turismo é o maior ingreso de moeda estranxeira que percibe o país, contribuíndo cun 28% do PNB e o 60% da renda orixinada do estranxeiro[1]. Con 86 centros turísticos en operación, no ano 2000 alcanzouse a cifra de 467.174 turistas estranxeiros.