Dyane
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Dyane foi un modelo de automóbil creado pola compañía francesa Citroën. Foi presentado a prensa o 8 de agosto de 1967. Nese mesmo ano comeza a produción. A ano seguinte comeza a comercializarse. En 1983 deixa de fabricarse.
O Dyane fabricouse en Bélxica, España (na fábrica de Citroën de Vigo) e en Portugal.
Información técnica [editar]
- Peso: 590 kg
- Tamaño do depósito: 20L no Dyane4; 25L no Dyane6 e Acadiane.
- Motores:
- 425 cc, refrixerado con ar, 100 km/h velocidade máxima.
- 435 cc, refrixerado con ar, 105 km/h velocidade máxima.
- 602 cc, refrixerado con ar; 110, 115 ou 118 km/h (segundo modelos) de velocidade máxima.