Dum Dum Girls
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Dum Dum Girls | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Los Angeles, California, |
| Período | 2008 - actualidade |
| Xénero(s) | indie pop, noise pop, lo-fi, punk rock]] |
| Selo(s) discográfico(s) | HoZac, Sub Pop |
| Membros | Dee Dee Jules Sandy Malia |
| Antigos membros | Bambi Frankie Rose Brandon Welchez Mike Sniper Charles Rowell |
| Web oficial | wearedumdumgirls.com |
Dum Dum Girls é unha banda estadounidense de noise pop/dream pop procedente de Los Angeles e formada no ano 2008. O seu nome procede do álbum de The Vaselines Dum Dum e da canción de Iggy Pop "Dum Dum Boys". É o proxecto da cantante e compositora Dee Dee, actualmente baseada en Nova York, mentres que o resto das compoñentes residen en Los Angeles.
Despois de editar varios sinxelos e EPs, Dum Dum Girls publicaron o seu primeiro álbum, I Will Be, no ano 2010 con boas críticas. O seu segundo traballo, Only in Dreams, foi lanzado en setembro do 2011.
Discografía [editar]
- I Will Be - 2010 (HoZac)
- Only in Dreams - 2011 (Sub Pop)