Crónicas vampíricas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Crónicas vampíricas
Formato Drama
Sobrenatural
Creado por Kevin Williamson
Julie Plec
Novelas de
L. J. Smith
Intérpretes Nina Dobrev
Paul Wesley
Ian Somerhalder
Steven R. McQueen
Sara Canning
Kat Graham
Candice Accola
Zach Roerig
Kayla Ewell
Michael Trevino
Matt Davis
Joseph Morgan
Michael Malarkey
País de orixe Estados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s) Inglés
Número de temporadas 5
Episodios 111 (Lista de episodios)
Produción
Produtor(es) executivo(s) Leslie Morgenstein
Bob Levy
Kevin Williamson
Julie Plec
Localización(s) Atlanta
Covington, Xeorxia
Chicago, Illinois
piloto:
Vancouver, Columbia Birtánica, Canadá
Duración 45 minutos
Distribuidor Warner Bros. Television Distribution
Emisión orixinal
Canle de orixe The CW
Formato de imaxe 1080i (HDTV)
Emisión 10 de setembro de 2009 – presente
Ligazóns externas
Páxina web

Crónicas vampíricas (en inglés: The Vampire Diaries é unha serie de televisión de drama sobrenatural creada por Kevin Williamson e Julie Plec. Está baseada na serie de novelas escrita por L. J. Smith. A serie estreouse a través da The CW o 10 de setembro de 2009. Emítese en galego a través da TVG.

O episodio piloto atrouxo unha audiencia para a canle The CW como ningunha outra estrea de serie o fixera xamais dende que a canle comezase en 2006.[1] A primeira temporada conseguiu 3,60 millóns de espectadores e as seguintes temporadas mantiveron unha audiencia por enriba dos 2 millóns.[2] Inicialmente, a serie recibiu críticas diversas, mais os críticos concordan que segunda avanzou a primeira temporada, a serie mellorou a súa calidade. As estreas das seguintes temporadas recibiron mellores críticas. A serie recibiu numerosos nomeamentos a premios, gañando catro People's Choice Awards e varios Teen Choice Awards.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]