Nick Zinner
| Nick Zinner | |
|---|---|
| Nome completo | Nicholas Joseph Zinner |
| Alias | |
| Naceu | 8 de decembro de 1974 (38 anos) |
| Orixe | Sharon, Massachusetts |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | |
| Xénero | |
| Instrumento(s) | guitarra, teclados, baixo, piano, violín |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | |
| Relacionado con | Yeah Yeah Yeahs, Head Wound City, The Blood Brothers, Bright Eyes, Scarlett Johansson |
| Tempo en activo | |
| Web | |
Nicholas Joseph Zinner (nado o 8 de decembro de 1974 en Sharon, Massachusetts) é o guitarrista da banda neoiorquina de indie rock Yeah Yeah Yeahs. É coñecido polo seu inconfundible pelo revolto, e o seu aspecto delgado e pálido. Zinner tamén é aficionado á fotografía.
En maio do ano 2012 a revista Spin situouno no número 89 da súa lista dos 100 mellores guitarristas de todos os tempos[1].
Traxectoria[editar]
Antes de formar Yeah Yeahs Yeahs con Karen O e Brian Chase no ano 2001, Zinner asistiu ao Bard College onde tocou no Boba Fett Experience, que posteriormente combiaría o seu nome a Challenge of the Future por temor a unha demanda de George Lucas. A banda mudouse a Williamsburg, Brooklyn a finais dos 90 e separouse en 2001.
Dende o 2001, Zinner colaborou con moitos artistas como TV on the Radio, Har Mar Superstar, Ronnie Spector, The Horrors e Scarlett Johansson. Gravou os teclados e a guitarra en varios temas do álbum de Bright Eyes Digital Ash in a Digital Urn e estivo de xira coa banda.
No ano 2005 Zinner formou unha banda chamada Head Wound City xunto con membros de The Locust e The Blood Brothers.
Zinner produxo a re-mestura do tema "Compliments" do álbum Silent Alarm Remixed da banda inglesa Bloc Party, editado no 2005, e tamén re-mesturou a canción "INRI" de The Plot to Blow Up the Eiffel Tower e "People are Germs" de Single Frame, ademais de aparecer no seu video musical.
Notas[editar]
|
||||||||||||||||||||