The Raveonettes
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| The Raveonettes | |
|---|---|
A banda no festival Cultura Quente de Caldas de Reis |
|
| Información | |
| Orixe | Copenhaguen, Dinamarca |
| Período | 2001 - actualidade |
| Xénero(s) | rock alternativo, shoegaze, surf rock, indie rock, noise pop, garage rock |
| Selo(s) discográfico(s) | Sony Records, Fierce Panda Records, Vice Records |
| Membros | Sune Rose Wagner Sharin Foo |
| Antigos membros | Manoj Ramdas Jakob Hoyer Anders Christiensen |
| Web oficial | theraveonettes.com |
The Raveonettes é unha banda danesa de rock alternativo fundada en Copenhaguen no ano 2001. Está composta por Sune Rose Wagner e Sharin Foo e a súa música caracterízase polas harmonías das dúas voces inspiradas por The Everly Brothers, e as guitarras afiadas con boas doses de ruído, moi semellantes ás de The Jesus and Mary Chain. Os seus temas unen a simplicidade de acordes e estruturas do rock dos 50 e 60 coa intensa instrumentación eléctrica, os ritmos, e acotío as letras escuras semellantes a outra das influencias da banda, The Velvet Underground.
Discografía[editar]
| Álbum | Ano | Selo | Observacións |
|---|---|---|---|
| Chain Gang of Love | 2003 | Sony Records | |
| Pretty in Black | 2005 | Columbia Records | |
| Lust Lust Lust | 2007 | Fierce Panda/Vice | |
| In and Out of Control | 2009 | Fierce Panda/Vice |
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Páxina oficial (en inglés)