Duarte de Almeida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDuarte de Almeida

Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoVila Pouca de Aguiar (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomeso Decepado Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino de Portugal Editar o valor em Wikidata

Duarte de Almeida, o Decepado nado c. 1400 en Vila Pouca de Aguiar e finado ibídem en algunha data posterior á batalla de Toro na década de 1470, era un militar portugués. Destacou na batalla de Toro, onde serviu como alferes de D. Afonso V. No combate, defendeu o estandarte portugués até perder ambas as mans, sosténdoo cos brazos e dentes antes de ser capturado por tropas castelás-aragonesas isabelinas. Como recoñecemento ao seu valor, a súa armadura colga na catedral de Toledo.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo de João Fernandes de Almeida, Señor da Torre e Castelo de Vilharigues.

Fíxose famoso polo seu heroísmo en Toro, Zamora na batalla celebrada o 1 de marzo de 1476. O conflito deuse polo apoio de D. Afonso V ao dereito lexítimo da súa sobriña (e prevista esposa en segundas nupcias) ao trono da Coroa de Castela, reclamando a unión dos reinos de Portugal, Galiza, León e Castela. A pesar de perder a bandeira portuguesa no combate, foi recuperada por Gonçalo Pires Bandeira e a batalla foi "gañada" polas tropas xoaninas segundo as normas de cabalería da época, pero foi insuficiente para pór a Xoana no trono e a unión das coroas.

Após a batalla, Duarte foi trasladado ferido a un hospital en Castela. Volveu a Portugal meses despois, vivindo en Santarém.

Aínda que algúns din que morreu na miseria, outros, como Camilo Castelo Branco, sinalan que non foi así, xa que dispuxo de varias herdanzas.[2] Un ano antes da batalla, estando en Zamora, D. Afonso V recoñeceu os seus servizos outorgándolle o Reguengo de Lafões.

Notas

  1. "Duarte de Almeida". infopedia (en portugués). 
  2. "Noites de Insónia". camilocastelobranco.org ; Casa de Camilo (en portugués). Consultado o 10 de setembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • FREIRE, Anselmo Braamcamp, BRASÕES DA SALA DE SINTRA, vol II, pp 323 e seguintes

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]