Dornbirn
| Datos Básicos | |
|---|---|
| País: | Austria |
| Estado: | Vorarlberg |
| Escudo: | |
| Extensión: | 120,83 km² |
| Poboación (Total concello): | 46.464 (30 set. 2012) |
| Densidade: | 385 hab./km² |
| Altitude: | 437 m |
| Código Postal: | A-6850 |
| Prefixo Telefónico: | +43 (0)5572 |
| Matrícula: | DO |
| Páxina de Internet: | www.dornbirn.at |
Dornbirn é unha cidade de 43.583 habitantes pertencente ao estado federado de Vorarlberg, en Austria e centro administrativo do distrito de Dornbirn. Está situada preto das fronteiras con Suíza, Alemaña e Liechtenstein. O río Dornbirner Ach atravesa a cidade antes de desembocar no Lago Constanza. A cidade divídese en seis distritos administrativos.
Dornbirn é a maior cidade de Vorarlberg e un importante centro comercial. O centro rexional da ORF (Radio Television Austríaca), a escola de ciencias aplicadas (Fachhochschule) de Vorarlberg e outras institucións atópanse aquí. A cidade foi un centro importante da industria téxtil, ata que este comercio comezou a declinar na década de 1980. Destaca tamén como centro de deportes de inverno.
Ademais da cidade homónima, o distrito de Dornbirn (un dos catro nos que se divide Vorarlberg), inclúe a cidade de Hohenems e a vila de Lustenau.