Domenico Losurdo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDomenico Losurdo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de novembro de 1941 Editar o valor em Wikidata
Sannicandro di Bari, Italia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte28 de xuño de 2018 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Ancona, Italia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteCancro do esófago Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia (1946–2018)
Reino de Italia (1941–1946) Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Urbino (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Urbino Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo , historiador , profesor universitario , escritor , tradutor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Urbino (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata

Domenico Losurdo, nado en Sannicandro di Bari en 1941, é un filósofo, historiador e politicólogo marxista italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutor en Filosofía pola Universidade de Urbino, é decano da Facultade de Educación da mesma universidade. É autor de numerosos ensaios, nos que ten criticado o concepto de totalitarismo, procurándolle unhas orixes na teoloxía cristiá. Ademais, asegura que a xénese do fascismo e do nazismo sitúase nas políticas imperialistas e colonialistas de Occidente, que foron as responsables das primeiras actividades xenocidas e de control político.

O seu principal ámbito de investigación refírese á reconstrución da historia da filosofía política clásica alemá, imprimíndolle un cariz marcadamente crítico e con especial énfase en Hegel, Kant, Nietzsche e Heidegger.

As súas dúas úlitmas obras representan unha nova óptica no abordamento de dúas figuras clave do século XX. En Stalin. Storia e critica de una leggenda nera, reconsidera a figura de Stalin dende unha aproximación profundamente reflexiva, distanciándose das biografías demonizadoras do líder soviético[1]. Pola súa banda, en La non-violenza. Una storia fuori dal mito, tamén se afasta das posicións, neste caso laudatorias, que a maioría das biografías toman na análise do líder indio Gandhi[2].

Obras[editar | editar a fonte]

  • Autocensura e compromesso nel pensiero politico di Kant, Napoli, 1984
  • Hegel und das deutsche Erbe. Philosophie und nationale Frage zwischen Revolution und Reaktion, Köln, 1989
  • La comunità, la morte, l'Occidente. Heidegger e l' "ideologia della guerra", Torino, 1991.
  • Hegel e la libertà dei moderni, Roma, 1992
  • Democrazia o bonapartismo: trionfo e decadenza del suffragio universale, Bollati Boringhieri, Torino, 1993;
  • La Seconda Repubblica. Liberismo, federalismo, postfascismo, Bollati Boringhieri, Torino, 1994.
  • Controstoria del liberalismo, Roma-Bari, Laterza, 2005.
  • Il linguaggio dell'Impero : lessico dell'ideologia americana Roma- Bari, Laterza, 2007
  • Stalin. Storia e critica de una leggenda nera', Carocci Editore, Roma, 2008.
  • La non-violenza. Una storia fuori dal mito, Laterza, 2011.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Crítica de Miguel Urbano Rodrígues
  2. "Reseña de Pascual Serrano en LibreRed.net". Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2012. Consultado o 23 de decembro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]