Ill Niño
| Ill Niño | |
|---|---|
Concerto en Praga |
|
| Información | |
| Orixe | New Jersey, |
| Período | 1999 - Actualidade |
| Xénero(s) | Nu metal |
| Selo(s) discográfico(s) | Roadrunner Records Cement Shoes Records |
| Membros | Christian Machado Dave Chavarri Jardel Paisante Lazaro Piña Ahrue Luster Danny Couto |
| Antigos membros | Jorge Rosado Marc Rizzo |
| Web oficial | http://www.illnino.com |
Ill Niño é un grupo estadounidense de nu metal con raíces latinoamericanas, xa que os seus membros proceden de países coma Brasil, Perú, México e Guatemala.
Índice |
Historia [editar]
O grupo creouse no ano 1998, ano no que gravaron un EP, sendo Jorge Rosado o vocalista, có titulo de El Niño. Este era tamén o nome do grupo nos seus comezos, facendo referencia ao fenómeno metereolóxico do mesmo nome. En 1999 o grupo formalizouse oficialmente. Trala marcha de Jorge Rosado do grupo, El Niño firmou coa discográfica Roadrunner Records no ano 2000, pero tiveron que mudar o nome do grupo á Ill Niño xa que o anterior xa o tiña outro grupo.
O seu primeiro álbum, Revolution Revolución, saíu ao mercado o 18 de setembro do 2001. A banda formou parte das xiras Ozzfest e Jägermeister en 2002. A comezos do 2003 Marc Rizzo deixou o grupo, por conflitos persoais e o desexo de perseguir proxectos diferentes, e Danny Couto uníuse ao grupo. Pouco antes da saída ao mercado de Confession, Ahrue Luster, anteriormente membro de Machine Head, uníuse ao grupo.
Confession foi lanzado ao mercado o 30 de setembro de 2003. O álbum debutou no número 37 na lista Billboard 200.[1] O single principal do disco, "How Can I Live", incluíuse na banda sonora do filme Freddy vs. Jason, e foi o seu primeiro single que chegou a lista Billboard. O álbum vendeu máis de 110,000 copias nos Estados Unidos nos seus primeiros 5 meses no mercado.[2]
O seu terceiro disco, One Nation Underground, saíu á venda o 27 de setembro do 2005. O grupo anunciou que remataba o seu contrato coa discográfica Roadrunner Records o 15 de xullo do 2006, e asinou un novo acordo co selo discográfico Cement Shoes Records.[3]
Tras asinar coa nova discográfica, o grupo gravou un EP de cinco temas, The Under Cover Sessions, o 7 de novembro do 2006. Tres dos temas eran versións, incluíndo a canción do grupo Faith No More "Zombie Eaters", "Territorial Pissings" de Nirvana e "Red Rain" de Peter Gabriel. Vendeu 1,300 copias na súa primeira semana no mercado.[4]
O cuarto álbum do grupo, Enigma, tiña como data de saída ao mercado o 9 de outubro do 2007, pero retrasouse varias veces, saíndo finalmente o 11 de marzo do 2008.[5]
No 2009 comezaron unha xira por Europa chamada There Goes the Neighborhood xunto a God Forbid e Exilia, sendo un dos concertos da xira en Vigo o 13 de marzo.
Membros [editar]
- Christian Machado (voces)
- Dave Chavarri (batería)
- Lazaro Pina (baixo)
- Ahrue Luster (guitarra)
- Danny Couto (percusión)
Antigos Membros [editar]
- Jorge Rosado
- Marc Rizzo
Discografía [editar]
- 2000 - Ill Niño EP
- 2001 - Revolution Revolución
- 2003 - Confession
- 2005 - One Nation Underground
- 2006 - The Best Of Ill Niño
- 2006 - The Undercover Sessions
- 2008 - Enigma
Notas [editar]
- ↑ Ill Niño > Charts & Awards, allmusic.com 29 de Abril de 2006. (en inglés)
- ↑ Ill Niño: 'This Time's For Real' Video Online 20 de Febreiro de 2004. (en inglés)
- ↑ Ill Niño asina con Cement Shoes Records 24 de Xullo do 2006. (en inglés)
- ↑ Ventas na primeira semana de Ill Niño 15 de novembro do 2006. (en inglés)
- ↑ O disco 'Enigma' retrasase 10 de xuño do 2007. (en inglés)