Dietrich Briesemeister

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDietrich Briesemeister
Biografía
Nacemento12 de maio de 1934 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Altena Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónromanista , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Libre de Berlín
Universidade de Jena
Universidade de Maguncia Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 3506151

Dietrich Briesemeister, nado o 12 de maio de 1934 en Altena, é un filólogo alemán especializado en filoloxía románica.[1] A súa investigación céntrase na literatura neolatina en América Latina, España, Portugal, México, Perú e Colombia, así como as relacións culturais alemás e españolas entre os século XV e XX.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Briesemeister estudou entre 1952 e 1959 filosofía e filoloxía románica, así como latín medieval en Tubinga, Rennes e Múnic.[1] De 1959 até 1971 traballou na Biblioteca Estatal de Baviera, e máis recentemente como director da mesma. 

Entre 1971 e 1987 foi profesor de filoloxía románica na Universidade de Maguncia Johannes Gutenberg.[1] Nesta universidade tamén foi o director do instituto de lingua e cultura española e portuguesa no departamento de lingüística aplicada en Germersheim.  

De 1987 até 1999 foi o director do Instituto Ibero‐Americano na Fundación Patrimonio Cultural Prusiano e catedrático de filoloxía iberorrománica na Universidade Libre de Berlín.[1]

De 1999 a 2004 ensinou filoloxía iberorrománica na Universidade Friedrich Schiller de Jena.[1] Tamén foi presidente da Asociación Alemá de Hispanistas entre 1995 e 1999, da que actualmente é membro horonario. En setembro de 2016 foi nomeado académico correspondente da Real Academia Española.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 RAE (ed.). "Dietrich Briesemeister CV" (PDF). Consultado o 20 de xaneiro de 2018. 
  2. RAE (ed.). "Académicos correspondientes extranjeros". Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2018. Consultado o 20 de xaneiro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas [editar | editar a fonte]