Die Welle
| A onda | |
|---|---|
| Título orixinal | Die Welle |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Dennis Gansel |
| Produtor | Christian Becker Nina Maag Anita Schneider |
| Guión | Dennis Gansel Peter Thorwarth |
| Baseado en | The Wave Terceira Onda |
| Intérpretes | Jürgen Vogel Max Riemelt Jennifer Ulrich Jacob Matschenz Frederick Lau |
| Música | Heiko Maile |
| Fotografía | Torsten Breuer |
| Montaxe | |
| Estudio | |
| Distribuidor | |
| Ano | 2008 |
| Duración | 107 minutos |
| País | |
| Xénero | Drama |
| Orzamento | 5.000.000 € (estimación) |
| Filme anterior | {{{anterior}}} |
| Filme seguinte | {{{seguinte}}} |
| Ficha en IMDb | |
Die Welle (A onda en alemán) é un filme alemán realizado no 2008. Tivo un éxito satisfactorio nas grandes pantallas xermanas, pois despois de 10 semanas en cartel, 2'3 millóns de persoas vírano. A película está dirixida por Dennis Gansel.
Está baseado en The Wave, novela de Morton Rhue de 1981, que á súa vez sacara a idea do experimento real da Terceira Ola, feito por Ron Jones en 1967, profesor dun instituto de Palo Alto (California).
Índice |
Argumento [editar]
Durante un proxecto semanal, o profesor Rainer Wenger ensínalle aos alumnos da súa clase o tema da autocracia como forma de goberno. Os estudantes ven imposible a idea de que poidera volver unha ditadura como a do Terceiro Reich na Alemaña, pois a pesar do tempo pasado, hai arrepentimento, e a actual política e as tecnoloxías arbitrarían o proceso dun mandato novo autocrático. O profesor Rainer Wenger decide empezar un experimento cos seus alumnos para demostrar o fácil que é manipular as masas. A través do seu lema: "forza mediante a disciplina, forza mediante a comunidade, forza a través da acción, forza a través do orgullo", e seguindo o profesor un liderazgo grupal, cada día os alumnos crean unha nova norma. Por exemplo, o profesor logra que todos eles ao entrar na aula, en menos de 30 segundos, estean sentados con actitude atenta, resoltos a iniciar a clase. O interese da forma de como se executaban as clases creceu, facendo que alumnos doutros cursos se cambiaran para este. O popular curso votou chamarse "A Onda", e a medida que pasaban os días, esta comezou a facerse notar mediante fóra das aulas, por detrás do profesor Wenger, que acaba perdendo o control da situación.
Elenco [editar]
- Jürgen Vogel: Rainer Wenger
- Frederick Lau: Tim
- Max Riemelt: Marco
- Jennifer Ulrich: Karo
- Christiane Paul: Anke Wenger
- Elyas M'Barek: Sinan
- Cristina do Rego: Lisa
- Jacob Matschenz: Dennis
- Maximilian Vollmar: Bomber
- Max Mauff: Kevin
- Ferdinand Schmidt-Modrow: Ferdi
- Tim Oliver Schultz: Jens
- Amelie Kiefer: Mona
- Odine Johne: Maja
- Fabian Preger: Kaschi
- Teresa Harder: Madre
- Jaime Ferkic: Bobby
- Liv Lisa Fries: Laura
- Dennis Gansel: Martin
- Johanna Gastdorf: Nai de Tim
- Gerald Alexander Held: Pai de Tim
- Thomas Sarbacher: Karos Vater
Banda sonora [editar]
A banda sonora da película publicouna a EMI alemá o 25 de maio do 2008, e contén cancións de The Subways, Kilians, Johnossi, Digitalism e The Hives, como tamén unha versión de EL*KE do clásico "Rock 'n' Roll High School" dos Ramones. A canción titulada "Garden Of Growing Hearts" foi feita pola banda berlinesa Empty Trash. A música orixinal da película foi composta por Heiko Maile, membro do grupo musical Camouflage.
Véxase tamén [editar]
Ligazón externa [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Páxina oficial (en alemán).