The Hives

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Hives
HivesPelleatSouthsideFestival.jpg
Howlin' Pelle Almqvist no Southside Festival 2004
Información
Orixe Fagersta, Suecia Flag of Sweden.svg
Período 1993 - actualidade
Xénero(s) punk rock, garage rock revival
Selo(s) discográfico(s) Universal Music, Polydor, Interscope
Membros Howlin' Pelle Almqvist
Nicholaus Arson
Vigilante Carlstroem
Dr. Matt Destruction
Chris Dangerous
Antigos membros
Web oficial http://www.hivesmusic.com


The Hives é unha banda sueca de rock formada na cidade de Fagersta. Chegaron ao grande público coa edición do seu recompilatorio de grandes éxitos Your New Favourite Band, que contén o seu tema máis coñecido, "Hate to Say I Told You So". Un trazo característico da banda son os traxes brancos e negros que usan os seus membros nos directos.

Índice

[editar] Historia

[editar] Comezos

A banda afirma que se formou en 1993 (aínda que foi en 1989 cun nome e cun son distinto) baixo a dirección de Randy Fitzsimmons. Fitzsimmons suxeríulles que creasen unha banda de garage rock. Fitzsimmons actúa como o compositor e Svengali do grupo. A banda gravou unha demo titulada Sounds Like Sushi en 1994 e o ano segunte asinaron con Bleeding Heart, un selo sueco de skate punk. Un ano despois editaron o seu EP de estrea, Oh Lord! When? How?, e Almqvist decidíu promocionar a banda á discográfica Burning Heart.

En 1997 The Hives lanzaron o seu álbum de estrea Barely Legal (por un dos primeiros nomes artísticos do guitarrista Vigilante Carlstroem), e comezaron unha xira. O ano seguinte editaría on seu segundo EP A.K.A. I-D-I-O-T.

[editar] Veni Vidi Vicious e Your New Favourite Band

No mes de abril do ano 2000 aparecería o seu segundo álbum, titulado Veni Vidi Vicious, editado a través do selo Warner Music Group. A propia banda describíu o disco como "unha luva de terciopelo con puños americanos, brutal e sofisticado ao mesmo tempo". Do álbum sacáronse os sinxelos "Hate to Say I Told You So", "Main Offender", "Die, All Right!" e "Supply & Demand".

Despois de ver o video de "Hate to Say I Told You So" na televisión alemá, Alan McGee (Oasis, Creation Records) decidíu levar á banda ao seu recén creado selo Poptones. Poptones editou o recompilatorio de grandes éxitos Your New Favourite Band no ano 2001, sendo este o traballo que os faría coñecidos, ao acadar o número 7 da lista británica de álbums. Despois do seu éxito, a banda re-editou os sinxelos "Hate to Say I Told You So" e "Main Offender" que conseguiron chegar aos portos 23 e 24 respectivamente na lista británica de sinxelos. O grupo tamén re-editou Veni Vidi Vicious nos Estados Unidos.

Durante a promoción de Veni Vidi Vicious e Your New Favourite Band The Hives conseguíu un contrato con Universal Music. Este feito levou a unha disputa entre a banda e Burning Heart, que afirmaba que The Hives asinara por un álbum máis no seu acordo.

[editar] Tyrannosaurus Hives

Despois dunha extensa xira, a banda regresou a Fagersta para gravar o seu terceiro álbum. O resultado foi Tyrannosaurus Hives, o seu primeiro material novo en catro anos. Este álbum incluía os exitosos sinxelos "Walk Idiot Walk" (que se estreou no número 13 das listas británicas), "Two-Timing Touch and Broken Bones" (que entrou no top 50) e "A Little More for Little You". Os temas "B is for Brutus" e "No Pun Intended" apareceron no videoxogo Gran Turismo 4 e SSX On Tour respectivamente. No ano 2006 a súa canción "Diabolic Scheme" usouse na película de vampiros Frostbiten.

[editar] The Black and White Album

O guitarrista Nicholaus Arson no Noroeste pop-rock da Coruña

O sitio web de The Hives foi reformado na segunda semana de agosto do 2007, aparecendo cun novo deseño. A páxina revelaba a portada e o título do primeiro sinxelo, "Tick Tick Boom", do seu novo álbum, que sería lanzado o 14 de agosto nos Estados Unidos e o 8 de outubro no Reino Unido. A datas de edición do novo traballo, The Black and White Album, serían o 15 de outubro no Reino Unido polo selo Polydor e o 13 de novembro nos Estados Unidos polo A&M/Octone.

The Hives apareceron con ese primeiro sinxelo nun anuncio da marca deportiva Finish Line, e nun anuncio de Nike coa canción "Return The Favour". O seu tema "Try It Again" apareceu nun trailer da película estadounidense Get Him To The Greek. "Tick Tick Boom" sería usado en máis anuncios, incluídos o da tempada 2007 da canle NFL Network, o da serie da CBS Jericho, a serie Burn Notice, e tamén as películas Jumper, MacGruber e Get Smart, e ademais foi a sintonía oficial das Survivor Series 2007.

O 2 de outubro do 2008 Nicholaus Arson puxo unha entrada no diario da páxina da banda dicindo que os membros íanse tomar un descanso despois de que rematase a xira de presentación de The Black and White Album.

O 2 de xullo do 2010, a banda editou un EP titulado Tarred and Feathered, onde versionan os temas "Civilization's Dying" de Zero Boys, "Nasty Secretary" de Joy Rider & Avis Davis e "Early Morning Wake Up Call" de Flash and the Pan.

[editar] Membros

[editar] Discografía

[editar] Álbums

[editar] EPs

  • Oh Lord! When? How? EP - 1996
  • a.k.a. I-D-I-O-T EP - 1998

[editar] Recompilatorios

  • Your New Favourite Band - (2001)

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas