Jennifer Ulrich

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jennifer Ulrich
Jennifer Ulrich Berlinale 2010.jpg
Jennifer Ulrich en febreiro de 2010.
Nacemento Jennifer Ulrich
18 de outubro de 1984 (30 anos)
Berlín, República Democrática Alemá R. Democrática Alemá
(actualmente Alemaña Alemaña)
Profesión Actriz (2002-presente)
Ficha na IMDb

Jennifer Ulrich, nada o 18 de outubro de 1984 en Berlín, é unha actriz de cinema alemá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jennifer Ulrich comezou a súa carreira como actriz co filme Große Mädchen weinen nicht, do 2002,[1] no que interpreta o papel de Yvonne.[2] Despois de participar en filmes como Elementarteilchen en 2006, e Sieben Tage Sonntag en 2007,[3] protagonizou o filme de 2008 Die Welle.[1] Posteriormente traballou baixo a direción de Dennis Gansel en Wir sind die Nacht.[4]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Filme Personaxe Notas
2001 Große Mädchen weinen nicht Yvonne
2002 Befreite Zone
2003 Berlin, eine Stadt sucht den Mörder
2004 Klassenfahrt – Geknutscht wird immer Telefilme
2005 Elementarteilchen Johanna
2006 Die Wolke
Zwei zum Fressen gern
2007 Sieben Tage Sonntag Ella
2008 Die Welle Karo Personaxe principal
H3 – Halloween Horror Hostel Telefilme
2009 Tatort: Familienaufstellung
2010 Wir sind die Nacht Charlotte

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]