Death Note
| Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños. |
Death Note (デスノート?) é unha serie manga escrita por Tsugumi Ohba e ilustrada por Takeshi Obata. Foi publicada pola revista semanal Shonen Jump, de xaneiro de 2004 a maio de 2006, totalizando 108 capítulos compilados en 12 volumes. Death Note conta a historia de Raito Yagami, um alumno exemplar que acaba encontrando un caderno que causa a morte á persoa cuxo nome for escrito nel.
A serie foi adaptada para duas longametraxes live-action pola Warner Bros xaponesa, e contaba a primeira saga do manga. O primeiro filme foi lanzado en 17 de xuño de 2006, e o segundo en 3 de novembro de 2006 no Xapón. Un terceiro filme ainda está en produción; titulado "L" e com previsión para estrear en Febreiro de 2008. Este será um spin-off da serie, e se centrará no detective Ryuuzaki.
De 3 de outubro de 2006 a 26 de Juño de 2007, foi ao ar no canal Nippon TV, a serie de anime baseada no manga, animada polo estudio Madhouse.
Tamén foi feita unha adaptación para unha light novel escrita por Ishin Nishio, con ilustracións de Takeshi Obata, titulada DEATH NOTE Another Note Los Angeles BB Renzoku Satsujin Jiken lanzada en 1 de agosto de 2006 pola Shueisha.