Imaxe real

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En filmes, vídeo, e outro medios de comunicación, o termo live-action ou imaxe real refírese á cinematografía que emprega imaxes reais e non animación.[1] Ó tratarse do caso xeral, o termo resulta supérfluo na meirande parte das ocasións, pero dá lugar a unha importante distinción en situacións nas cales se espera animación, coma nun filme de Pixar, un videoxogo ou cando se realizan adaptacións de debuxos animados, coma Os Picapedra.

O termo tamén se emprega no mundo da animación para se referires a personaxes non animados: nunha película que mesture imaxe real con animación, coma Mary Poppins ou Who Framed Roger Rabbit, os personaxes "live-action" son os actores reais, coma Julie Andrews, en oposición aos "actores" animados, coma o propio Roger Rabbit.

Live-action tamén pode facer referencia a un filme adaptado dun comic, como é o caso das versións cinematográficas de Spider-Man e X-Men, ou de mangas coma Death Note ou Mushishi.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]