Takeshi Obata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.

Takeshi Obata (小畑 健 en xaponés) é un mangaka xaponés nacido o 11 de febreiro de 1969 en Niigata. Traballa habitualmente como artista principal con outro escritor. Foi o mentor de varios artistas do manga, como Kentaro Yabuki (Black Cat) e Nobuhiro Watsuki.

A súa obra máis coñecida é o manga Hikaru no Go, que durou 189 capítulos. Despois foi o creador de Death Note, un manga moi popular que tivo su adaptación de anime e de película de imaxe real. Obata sempre se mostra moi interesado no deseño das roupas dos seus personaxes, ademais de ter un estilo con gran cantidade de detalles, moi agradecido entre os aficionados. O 8 de agosto de 2008 comenzaba a publicar o manga Bakuman, a súa nova obra.