Daniel Carter
Dan Carter, nado en Leeston, preto de Christchurch, o 5 de marzo de 1982, é un xogador neozelandés de rugby. É máximo anotador da historia da selección de rugby de Nova Zelandia, dos Crusaders e do Super Rugby. Foi premiado como mellor xogador internacional do mundo no ano 2005 pola IRB, e ven de superar a Jonny Wilkinson como máximo anotador de puntos da historia.
Índice |
Traxectoria [editar]
Carter debutou co Canterbury RFU na liga neocelandesa de rugby, a NPC, no ano 1999. Dous anos despois, no ano 2001 tamén debutou cos Canterbury Crusaders no Super 12, e foi chamado por primeira vez para xogar cos All Blacks no 2003 na posición de centro. Considerado unha das meirandes superestrelas deste deporte dende o comezo do profesionalismo, é xunto a Jonny Wilkinson un dos dous grandes aperturas do século XXI. No 2009 asinou un contrato de 6 meses co USA Perpignan francés, ainda que só xogou 5 partidos antes de lesionarse. Él voltou a Nova Zelandia para xogar na NPC unha vez recuperado, mentres que Perpignan gañaba o Top 14.
| Equipos | Tempadas | Títulos |
| Canterbury RFU | 1999 - | 4 NPC (2001, 2004, 2008, 2009) |
| Crusaders | 2001 - | 4 Super Rugby (2002, 2005, 2006, 2008) |
| All Blacks | 2003 - | 6 Tri Nations (2003, 2005, 2006, 2007, 2008, 2010) |