Jonny Wilkinson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jonny Wilkinson nun adestramento.

Jonny Wilkinson, nado en Frimley o 25 de maio de 1979, é un xogador inglés de rugby. A súa figura traspasou as fronteiras do seu deporte, provocando xunto con Jonah Lomu un dos maiores impactos publicitarios do rugby dende o comezo do profesionalismo en 1995.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a práctica do rugby con 4 anos de idade, ainda que tamén xogaba a tenis e cricket. Non obstante, o pai, o curmán e mais o irmán de Jonny eran xogadores de rugby, e o levaron a centrarse nun só deporte. Cando foi seleccionado para as seleccións inglesas sub-16 e sub-18 deixou abraiado ós adestradores, e foi chamado a probar profesionalmente.

O seu primeiro clube foi Newcastle Falcons, equipo co cal comezou a xogar no ano 1997 na posición de centro, e co cal foi campión da Premiership inglesa xa na tempada 1997/98. Na posterior tempada sustituiu a Rob Andrew como apertura e pateador titular do equipo, xa que Andrew era o novo adestrador.

Wilkinson fíxose internacional no ano 1998, debutando nun partido fronte a Irlanda, converténdose no xogador mais xoven en representar á selección de rugby de Inglaterra, e na referencia do equipo de aí en diante. O partido estelar na carreira deste apertura foi a final da Copa do Mundo de Rugby 2003, na que obtivo a vitoria para o seu país no derradeiro minuto. Ese ano Jonny Wilkinson foi nomeado mellor xogador do mundo pola IRB.

Na súa carreira distinguíuse como un gran anotador co pe, e un enorme xogador defensivo. Pasou por unha morea de lesións que case non o deixaron xogar nos anos posteriores ó mundial do 2003. De feito, trala final do mundial do 2003, pasaron 1169 días ata que volveu a xogar coa selección. En 2008 superou a cifra de 1000 puntos anotados con Inglaterra, e no mesmo ano vateu a cifra de Neil Jenkins de 1049 puntos, batendo o record de puntos anotados por un xogador con calquera selección nacional en toda a historia. Wilko (como é coñecido popularmente) é o máximo anotador de puntos da historia dos mundiais, foi o máximo anotador da historia do Torneo das Seis Nacións (logo superado por Ronan O'Gara), e tamén é o maior anotador de drops da historia con 29.

Case ninguén agardaba que estivera preparado para xogar no mundial do 2007, cunha selección inglesa que estaba nun dos seus peores intres, pero púxose ben para competir, e logrou que Inglaterra chegase de novo á final, na que perdeu esta vez fronte a Sudáfrica.

No ano 2009 cambiou de clube, fichando polo clube francés RC Toulon, un equipo ascendido ó Top 14 en 2008. Na súa primeira tempada levou ó seu novo clube á final da European Challenge Cup, ainda que perdeu contra Cardiff Blues, e á segunda posición na liga durante a tempada regular, caendo logo nas semifinais.

Equipos Tempadas Títulos
Newcastle Falcons 1997 - 2009 1 Liga inglesa (1998), 2 Copas inglesas (2001, 2004)
RC Toulon 2009 - 1 Copa de Europa (2013)
Selección de Inglaterra 1998 - 2011 1 Mundial (2003), 4 Seis Nacións (2000, 2001, 2003, 2011)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]