Dango

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hanami dango.
Mitarashi dango.
Tsukimi dango

O Dango (, Dango (団子?)) é un dumpling tradicional xaponés elaborado con mochiko (fariña de arroz), e derivado por tanto do mochi (pastel de arroz glutinoso). Sérvese a miúdo con té verde.

O dango consómese todo o ano, pero as diversas variedades cómense tradicionalmente en tempadas concretas. Tres ou catro dango sérvense a miúdo nun petisco. Unha variedade orixinaria de Hokkaidō elabórase con fariña de pataca e cocíñase con shoyu (salsa de soia).

Tipos de dango[editar | editar a fonte]

Hai moitas variedades diferentes de dango que se adoitan chamar segundo os diversos condimentos que se serven sobre eles ou con eles.

  • Anko: Coñecido comunmente como pasta (endulzada) de xudías vermellas, aínda que outros ingredientes diferentes ao azuki úsanse en contadas ocasións.
  • Bocchan dango: Dango que ten tres cores. Un tínguese con xudías vermellas, outro con ovo e o terceiro con té verde.
  • Chadango: Dango con sabor a té verde.[1]
  • Chichi dango: De gusto suave lixeiramente doce, adoita tomarse como sobremesa.
  • Hanami dango: Tamén ten tres cores, e elabórase tradicionalmente durante a tempada de contemplación das flores das cerdeiras. De aí o nome de hanami.
  • Goma: Con sementes de sésamo, é á vez doce e salgado.
  • Kinako: fariña de soia torrada.
  • Kuri dango: Dango cuberto con pasta de castaña.
  • Kushi dango: Dango nun petisco.
  • Mitarashi: Cuberto cun sirope feito con salsa de soia, azucre e amidón.
  • Sasa dango: Producido e comido principalmente na prefectura de Niigata. Hai dúas variantes: onna dango (literalmente ‘dango feminino’), recheo con anko; e otoko dango (‘dango masculino’), recheo con kinpira. Envólvense con follas de sasa para conservalos.
  • Teppanyaki Dango: é un petisco cun sabor acedo a teppanyaki.
  • Tako dango: Dango sen nada mesturado que se serve cunha salsa feita de polbo e outros ingredientes por encima, dándolle unha cor alaranxada.
  • Tsukimi Dango 月見団子: é un tipo de dango con cabaza kabocha que se come no festival de mediados de outono.[2]

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

Termos derivados[editar | editar a fonte]

Un proverbio xaponés común é Hana yori dango ('花より団子?, literalmente ‘dangos en vez de flores’), que alude á preferencia polas cousas prácticas en lugar de pola estética.

Dango úsase internacionalmente entre os xogadores de go como termo despectivo cara a unha chea de pedras ineficientes nunha partida.

Un peiteado consistente en moños parecidos a dango nalgún lado da cabeza coñécese ás veces como odango.

No anime CLANNAD o dango está relacionado cun programa de televisión chamado A gran familia Dango.

Carácter Unicode[editar | editar a fonte]

O carácter emoji Unicode parécese a un dango hanami. Foi introducido en outubro de 2010.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Wagashi: Chadango and Minazuki" (en inglés). 29 de xuño de 2008. Consultado o 28 de marzo de 2009. 
  2. Chen, Namiko (2018-09-20). "Tsukimi Dango 月見団子". Just One Cookbook (en inglés). Consultado o 2022-04-23. 
  3. "Unicode Character 'DANGO' (U+1F361)". www.fileformat.info. Consultado o 2 de marzo de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]