Peiteado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peiteado tradicional dunha noiva xaponesa.
A Venus de Willendorf co cabelo trenzado.

Un peiteado refírese a un estilo de levar o cabelo. A súa elaboración pode considerarse un aspecto de hixiene, moda e cosmética, malia que tamén inflúen moito aspectos prácticos, culturais e populares.[1] Os diferentes estilos de peiteados empréganse frecuentemente como sinal de identidade cultural, social ou étnica, e poden reflectir o status social e a individualidade. Polo xeral, os estilos de pelo axústanse a influencias culturais asignadas ó home e á muller.

A máis antiga representación dun cabelo recollido nunha trinca data de hai 30.000 anos. Nas civilizacións antigas, o cabelo das mulleres era coidadosamente elaborado de formas especiais. No Imperio Romano, as mulleres levaban o seu cabelo en complicados estilos. Dende o Imperio Romano até a Idade Media, moitas mulleres deixaban medrar o seu cabelo tan longo como podían. A partir da segunda metade do século XV e comezos do XVI a liña do cabelo fina na fronte era considerada atractiva. Durante o mesmo período, os homes europeos deixaban o cabelo non máis longo da altura do ombreiro.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]