Asterales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asterales
Xirasol, Helianthus annuus
Xirasol, Helianthus annuus
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Asterales Lindl. (1833)
Familias

A orde das Asterales reúne a plantas dicotiledóneas, incluindo a familia Asteraceae, a que pertencen as margaridas ou os xirasois.

É unha orde cosmopolita, incluíndo diversas especies herbáceas, aínda que inclúe un pequeno número de árbores (Lobelia) e arbustos.

As Asterales poden ser caracterizadas a un nível morfolóxico e molecular. As sinapomorfías inclúen a utilización do oligosacárido inulina no almazenamento de nutrintes, e os estames apareceren densamente agregados en volta do carpelo ou mesmo fundidos nun tubo en torno do estilete.

Familias[editar | editar a fonte]

As Asterales inclúen preto de once familias, a maior das cales é a das Asteraceae, con preto de 25.000 especies, e a das Campanulaceae con preto de 2.000 especies. As restantes familias contan, en conxunto, con menos de 500 especies. As dúas familias principais caracterízanse por seren moi cosmopolitas, centrándose esencialmente a súa área de distribución no hemisferio norte, as outras confínanse case exclusivamente a Australia e áreas adxacentes e, ás veces, na América do Sur.

Segundo o sistema de Cronquist, as Asteraceae constitúen a única familia do grupo, mais segundo os novos sistemas de clasificación (por exemplo, Sistema APG II) contén novas familias::

Evolución e bioxeografía[editar | editar a fonte]

A orde das Asterales orixinouse probáblemente no Cretáceo no supercontinente Gondwana, nas áreas que pertencen actualmente á Australia e Asia. Aínda que a maior parte das especies extintas sexan herbáceas, o exame das familias basais da orde, suxire que o ancestro común da orde fose unha planta arborescente.

O patrimonio fósil dispoñible sobre as Asterales é raro e limítase principalmente a épocas mais recentes, de xeito que calquera estimativa precisa sobre a idade da orde é moi difícil. Atopouse pole do Oligoceno de Asteraceae e de Goodeniaceae. As familias Menyanthaceae e Campanulaceae deixaron tamén sementes fosilizadas pertencentes ao Oligoceno e Mioceno, respectivamente.

Importancia económica[editar | editar a fonte]

As Asteraceae inclúen algunhas especies cultivadas para a alimentación humana, como, por exemplo, o xirasol (Helianthus annuus) ou a chicoria (Cichorium). Inclúe igualmente moitas especies medicinais e aromáticas.

En termos de horticultura e floricultura, son de referir o xénero chrysanthemum ou a familia das Campanulaceae.

Notas[editar | editar a fonte]

  • K. Bremer, M. H. G. Gustafsson (1997). East Gondwana ancestry of the sunflower alliance of families. Proceedings of the National Academy of Sciences U.S.A. 94, 9188-9190. (Edição online: Abstract | Full text (HTML) | Full text (PDF))
  • W. S. Judd, C. S. Campbell, E. A. Kellogg, P. F. Stevens, M. J. Donoghue (2002). Plant Systematics: A Phylogenetic Approach, 2nd edition. pp. 476-486 (Asterales). Sinauer Associates, Sunderland, Massachusetts. ISBN 0-87893-403-0.
  • J. Lindley (1833). Nixus Plantarum, 20. Londini.
  • Smissen, R. D. (December 2002). Asterales (Sunflower). In: Nature Encyclopedia of Life Sciences. Nature Publishing Group, London. (Edição online: DOI | ELS site)