Cruz de Ourolo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Este crucifixo atopase en Ourolo, parroquia de Taragoña (A Coruña). Está situado no oco do muro dunha vivenda, a carón do Cruceiro das Neves. A cruz é de sección circular, leñosa e con nós, sobre pedestal moldurado. O Cristo crucificado ten as mans abertas, coroa de espiños e o pano de pureza suxeito cunha corda, e leva pergameo de INRI.

No mesmo oco hai unha lousa con baixorelevo de San Francisco sacando co cordón do hábito as almas do purgatorio.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas