Coroa de espiñas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coroa de espiñas do Cristo xacente da igrexa de San Miguel, Valladolid

A coroa de espiñas era un instrumento de tortura usado polos romanos. Consistía nunha coroa, ou un casco, feita con ramas de plantas ou arbustos espiñentos trenzadas, que se colocaba encaixada na cabeza do torturado, o que lle causaba unha intensa dor.

Segundo os Evanxeos, foi utilizada na paixón de Xesucristo. Isto fixo que se convertera nun símbolo de Cristo e, por extensión do cristianismo.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Coroa de espiñas