Crise do euro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sede do Banco Central Europeo en Frankfurt.
Tipos de interese a longo prazo (rendemento no mercado secundario de bonos soberanos con vencementos achegados a dez anos) para todos os países da eurozona excepto Estonia.[1] Un rendemento igual ou superior ao 6% indica que os mercados financieiros teñen serias dúbidas sobre a solvencia dun país.[2]
Animación coa evolución da débeda pública e o déficit dos países europeos entre 1980 e 2013

A crise do euro, tamén chamada crise da zona euro, foi unha crise que afectou aos países da zona euro.[3] Tivo aspectos dunha crise da débeda soberana, do sistema bancario e do sistema económico en xeral.[4]

A crise fixo difícil ou imposíbel a algúns países da zona euro refinanciar a súa débeda pública sen a asistencia de terceiros.[5] Desde finais de 2007, o medo a unha crise da débeda soberana comezou a crecer entre os investidores como consecuencia do aumento dos niveis de débeda privada e pública en todo o mundo, ao tempo que se producía unha vaga de degradacións na cualificación crediticia da débeda gobernamental entre diferentes estados europeos. As causas da crise eran diferentes segundo o país. En moitos deles, a débeda privada xurdida como consecuencia dunha burbulla no prezo dos activos inmobiliarios que foi transferida cara a débeda soberana, iso como consecuencia do rescate público dos bancos crebados e das medidas de resposta dos gobernos á debilidade económica postburbulla. A estrutura da eurozona como unha unión monetaria (isto é, unha unión cambiaria) sen unión fiscal (é dicir, sen regras fiscais nin sobre as pensións) contribuíu á crise e tivo un forte impacto sobre a capacidade dos líderes europeos para reaccionaren.[6][7] Os bancos europeos tiñan na súa propiedade cantidades considerábeis de débeda soberana, de modo que a preocupación sobre a solvencia dos sistemas bancarios europeos ou sobre a solvencia da débeda soberana refórzanse negativamente.[8]

As preocupacións intensificáronse a principios de 2010 e posteriormente,[9][10] conducindo aos ministros de finanzas europeos o 9 de maio de 2010 a aprobar un paquete de rescate de 750 000 millóns de euros dirixido a asegurar a estabilidade financeira en Europa mediante a creación dun Fondo Europeo de Estabilidade Financeira (FEEF).[11] En outubro de 2011 e en febreiro de 2012 os líderes da eurozona acordaron máis medidas deseñadas para previr o colapso da economía dos estados membros. Estas incluíron un acordo polo que os bancos aceptaban unha quita do 53,5 % da débeda grega debida a acredores privados,[12] o aumento do FEEF até un importe superior a mil millóns de euros, e o requirimento aos bancos europeos de alcanzar un 9 % de requirimento de capitalización.[13] Para restaurar a confianza en Europa, os líderes da UE tamén acordaron crear un Pacto Fiscal Europeo, incluíndo o compromiso de cada país participante en introducir unha Regra de Ouro orzamentaria nas súas constitucións.[14][15] Os políticos europeos tamén propuxeron unha maior integración na xestión bancaria europea desenvolvendo un seguro de depósitos, unha supervisión bancaria e medidas de recapitalización a escala continental.[16] O Banco Central Europeo tomou medidas para manter os fluxos de diñeiro entre bancos europeos baixando os tipos de interese e outorgando aos bancos máis débiles préstamos baratos por un importe de até mil millóns de euros.

Aínda que a débeda soberana aumentou substancialmente só nalgúns países europeos, instalouse a percepción de que o problema era compartido pola zona euro no seu conxunto,[17] o que conduciu á especulación constante sobre a posibilidade de que a zona euro quebrara. Porén, cara a mediados de novembro de 2011, o euro cambiábase a un prezo incluso superior ao do bloque de principais socios comerciais da UE que antes da crise,[18][19] antes de perder algo de terreo como durante os meses seguintes.[20][21] Os tres países máis afectados, Grecia, Irlanda e Portugal (os tres primeiros en requirir un rescate), colectivamente sumaban o 6 % do Produto Interior Bruto (PIB) da eurozona.[22] En xuño de 2012 tamén España converteuse en obxecto de preocupación,[23] cando o aumento dos tipos de interese comezou a afectar a súa capacidade de acceder aos mercados de capitais, conducindo a un rescate dos seus bancos e a outras medidas.[24] En marzo de 2013 acordouse tamén un rescate para Chipre de 10 000 millóns de euros.[25]

Crecemento medio anual do PIB da eurozona durante a última década. Na gráfica pódese evidenciar a recuperación económica e a saída da crise

Para responder aos problemas de fondo e aos desequilibrios económicos, a maior parte dos países da UE acordaron adoptar o Pacto do Euro, consistente nunha serie de reformas políticas dirixidas a mellorar a solidez fiscal e a competitividade dos seus Estados membros. Este pacto forzou aos países máis pequenos a levar a cabo máis medidas de austeridade para reducir os déficits e os niveis de débeda nacionais. Este tipo de políticas non keynesianas foron criticadas por numerosos economistas, os cales demandaron unha nova estratexia de crecemento baseada no aumento do investimento público, financiado por taxas que permitiran o crecemento sobre a propiedade, a terra e as institucións financeiras, en particular unha nova taxa sobre as transaccións financeiras europeas.

Os líderes da UE acordaron aumentar moderadamente os fondos do Banco Europeo de Inversións para lanzar proxectos de infraestruturas e incrementar os préstamos ao sector privado.

Ademais, solicitouse ás economías máis débiles da UE que restauraran a competitividade mediante a desvalorización interna, isto é, reducindo os seus custos de produción.[26] Confiábase que estas medidas reduciran os desequilibrios de conta corrente entre os membros da eurozona e que, progresivamente levaran á final da crise.

A crise tivo un grande impacto na política da UE, provocando cambios políticos en 8 países dos 17 que forman a eurozona, conducindo a cambios de goberno en Grecia, Irlanda, España, Eslovenia, Eslovaquia e os Países Baixos.

A crise do euro converteuse tamén nunha crise social temporal en varios dos países membros da eurozona, con niveis relativamente altos de deteroriación causados pola crise económica.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Long-term interest rate statistics for EU Member States". ECB. 12 de xullo de 2011. Consultado o 30 de outubro de 2021. 
  2. Wearden, Graeme (20 de setembro de 2011). "EU debt crisis: Italy hit with rating downgrade". The Guardian. Consultado o 30 de outubro de 2021. 
  3. Goodman, Peter S. (6 de maio de 2016). "La economía de Europa recupera el buen rumbo después de ocho años de crisis". Consultado o 30 de outubro de 2021. 
  4. Casi, Chiara. "Bail in -la gestione delle crisi bancarie". Consultado o 30 de outubro de 2021. 
  5. Haidar, Jamal Ibrahim (2012): "Sovereign Credit Risk in the Eurozone," World Economics vol. 13 (1): 123-136.
  6. Heard on Fresh Air from WHYY (10 de abril de 2012). "NPR-Michael Lewis-How the Financial Crisis Created a New Third World-October 2011". Npr.org. Consultado o 30 de outubro de 2021. 
  7. Koba, Mark (13 de xuño de 2012). "CNBC-Europe's Economic Crisis-What You Need to Know-Mark Thoma -June 13, 2012". Finance.yahoo.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2012. Consultado o 30 de outubro de 2021. 
  8. Seth W. Feaster; Nelson D. Schwartz; Tom Kuntz (22 de outubro de 2011). "NYT-It's All Connected-A Spectators Guide to the Euro Crisis". New York Times (Nytimes.com). Consultado o 30 de outubro de 2021. 
  9. George Matlock, Axencia Reuters (16 de febreiro de 2010). "Peripheral euro zone government bond spreads widen". Consultado o 30 de outubro de 2021. 
  10. "Acropolis now". The Economist. 29 de abril de 2010. Consultado o 30 de outubro de 2021. 
  11. "EU ministers offer 750bn-euro plan to support currency". BBC News. 10 de maio de 2010. Consultado o 30 de outubro de 2021. 
  12. Willem Sels (27 de febreiro de 2012). "Greek rescue package is no long term solution, says HSBC's Willem Sels". Investment Europe. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2012. Consultado o 30 de outubro de 2021. 
  13. "Leaders agree eurozone debt deal after late-night talks". BBC News. 27 de outubro de 2011. Consultado o 31 de outubro de 2021. 
  14. Pidd, Helen (2 de decembro de 2011). "Angela Merkel vows to create 'fiscal union' across eurozone". The Guardian. Consultado o 30 de outubrto de 2021. 
  15. "European fiscal union: what the experts say". The Guardian. 2 de decembro de 2011. Consultado o 30 de outubro de 2021. 
  16. The Economist (9 de xuño de 2012). "The Economist-Start the Engines Angela-June 9, 2012". Economist.com. Consultado o 30 de outubro de 2021. 
  17. "How the Euro Became Europe's Greatest Threat". Der Spiegel. 20 de xullo de 2011. 
  18. "Euro in US Dollar". Google.com. Consultado o 31 de outubro de 2021. 
  19. Dolan, Mike (15 de novembro de 2011). "Puzzle over euro's "mysterious" stability". Axencia Reuters. Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2015. Consultado o 30 de outubro de 2021. 
  20. Kirschbaum, Erik (22 de agosto de 2011). "Schaeuble says markets have confidence in euro". Axencia Reuters. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 30 de outubro de 2021. 
  21. "USD vs. EUR". ECB. Consultado o 31 de outubro de 2021. 
  22. "The Euro’s PIG-Headed Masters". Project Syndicate. 3 de xuño de 2011. 
  23. Ian Traynor and Nicholas Watt (6 de xuño de 2012). "Spain calls for new tax pact to save euro: Madrid calls for Europe-wide plan but resists 'humiliation' of national bailout". The Guardian. 
  24. Charles Forell and Gabriele Steinhauser (11 de xuño de 2012). "Latest Europe Rescue Aims to Prop Up Spain". Wall Street Journal. 
  25. El Eurogrupo acuerda un rescate de hasta 10.000 millones para Chipre, diario El País, 16-03-2013.
  26. "European Wage Update". NYT. 22 de outubro de 2011. Consultado o 31 de outubro de 2021.