Cova de Valporquero
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A cova de Valporquero está situada ao norte da provincia de León (España), a 47 km da capital e nas proximidades (1 km aprox.) do pobo que lle dá nome, Valporquero de Torío, pertencente ao municipio de Vegacervera.
A entrada á cova atópase a unha altitude de 1.309 metros sobre o nivel do mar. Ten un nivel superior de 1300 metros de lonxitude, habilitado para a visita turística. Un nivel inferior ocupado por un río, con 3.150 metros de lonxitude visitable por espeleólogos e expertos. A temperatura interior é duns 7 graos centígrados, que se mantén constante durante todo o ano. A humidade é do 99%.
O percorrido turístico é guiado, a través das 7 salas:
- Pequenas marabillas
- Gran rotonda
- Fadas
- Cemiterio estalactítico
- Gran vía
- Columna solitaria
- Marabillas
Poden contemplarse magníficas formacións de estalactitas e estalagmitas, nunha cova que impresiona pola súa beleza e tamaño.

