Cornalvo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista do Parque Natural de Cornalvo

Cornalvo é un encoro romano sito a uns 10 km de Mérida, na provincia de Cáceres, Extremadura, e ao mesmo tempo, tamén se chama Cornalvo o Parque Natural onde se localiza ese encoro.

Índice

[editar] Encoro romano

A presa é unha construción romana levantada sobre o regueiro (arroyo) de Albarregas, que se usaba para abastecer de auga a parte da cidade de Emerita Augusta (a actual cidade de Mérida). A parede de contención é unha muralla de 220 metros de longo por 18 de alto, sendo a parte que se encontra en contacto con a auga de ladrillo e granito. Esta construción foi declarada Monumento Nacional o 13 de decembro de 1912, aínda que o encoro segue a ser utilizado na actualidade.

[editar] Parque Natural de Cornalvo

O seu entornu é un Parque Natural, razón pola que goza de protección especial da Xunta de Estremadura desde 1988, e, por suposto, posúe unha rica flora e fauna.

O primeiro que se encontra o visitante do parque é o centro de interpretación, nas aforas de Trujillanos. Tras uns quilómetros por un camiño asfaltado chegaremos ao Parque Natural e a presa (se continuamos adiante, chegaremos a unhas devesas, propiedade sa Xunta de Extremadura).

[editar] O río Aljucén

Parte o parque o río Aljucén, tributario do Guadiana, corrente de auga tipicamente mediterránea cunha acusada estiaxe que provoca que no verán quede seco por tramos e a vía acuática se concentre en pozas e charcas, denominadas "charcas madre".

Cómpre dicer que neste río áchase unha especie de peixe chamado vulgarmente harabugu, que está en continua regresión e tan só ficaban nalgúns lugares do río Guadiana (as últimas noticias dano por extinto no río Guadalquivir).

[editar] Concellos

Os seguintes municipios posúen terras abranxidas polo parque:

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas