Conversa usuario:Preghiseiro

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Preghiseiro!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--AMPERIO (conversa) 13 de abril de 2016 ás 17:17 (UTC)[responder]

Boas Preghiseiro, desfixen a túa edición en paínzo e acheguei a referencia do DRAG, se hai outra información ó respecto podemos comentala na conversa do artigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de outubro de 2019 ás 10:24 (UTC)[responder]

Boas Elisardojm. A miña edición está baseada fundamentalmente no meu traballo de campo sobre Setaria italica e Panicum miliaceum (Moreno-Larrazabal et al. 2015) do que son un dos asinantes (ATB), que aínda que non aparecen no traballo os nomes dos cultivos si os temos recollidos nas fichas de entrevista, e tamén no traballo de campo de Vázquez Varela (1994). As únicas acepcións que atopamos para "Panicum miliaceum" (que está mal nomeado como millo miúdo común, por ser unha transliteración de Mijo común en castelán) foron "millo miúdo" na provincia de Coruña e Pontevedra e "millo" en Xermade (Lugo), neste concello o termo para o millo americano (Zea mays) é "maínzo". Vázquez Varela rexistra "millo delgado". Descoñecía da sinonimia da DRAG de millo miúdo por Setaria italica, e non podo valorar a base desa afirmación, pero en todo caso, pola miña experiencia, paréceme unha confusión por ser cultivos practicamente extintos durante o século XX o que dá lugar a equívocos. Son dúas plantas totalmente diferentes e distinguibles e no traballo de campo a Setaria italica referenciouse sempre como paínzo, de aí proveñen posiblemente topónimos como Painceiros, etc. Incluso no catastro de Madoz están perfectamente diferenciadas en Galicia, aínda que nomeadas en castelán, sendo mijo o termo máis habitual para o millo miúdo (aínda que ás veces tamén parece designar ao millo americano) e panizo para a Setaria italica. En todas as entrevistas feitas non recollemos en ningunha ocasión que a Setaria italica se lle chamase "millo miúdo". Tampouco podo afirmar categoricamente que non houbese algunha comarca ou lugar onde así fose, xa que é algo que nas plantas eses cambios son habituais. Eu considero que o apropiado, e o que dá menos lugar a confusión por ser tamén as acepcións máis estendidas e empregadas, sería manter "millo miúdo" para Panicum miliaceum L. e "paínzo" para Setaria italica Beauv. Saúdos

Referencias Moreno-Larrazabal, A., Teira-Brión, A., Sopelana-Salcedo, I., Arranz-Otaegui, A., & Zapata, L. (2015). Ethnobotany of millet cultivation in the north of the Iberian Peninsula. Vegetation History and Archaeobotany, 24(4), 541-554, doi:10.1007/s00334-015-0518-y. Vázquez Varela, J. M. (1994). O cultivo tradicional do “mijo”, millo miúdo, (Panicum miliaceum L.) en Galicia. In A. Fraguas Fraguas, & X. A. Fidalgo Santamariña (Eds.), Tecnoloxía Tradicional. Dimensión Patrimonial. Valoración Antropolóxica (pp. 117-126).

--Preghiseiro (conversa) 2 de outubro de 2019 ás 21:41 (UTC)[responder]

Xa vexo o problema, grazas pola súa aclaración. Concordo con vostede en que o máis correcto é usar "millo miúdo" (habería que cambiar o nome do artigo millo miúdo común) para Panicum miliaceum e paínzo para Setaria italica. Porén, como supoño que entenderá, debemos manter no artigo paínzo o sinónimo de "millo miúdo" xa que é o que indica o DRAG, quizais podería engadirse unha nota de que ese nome común tamén é utilizado para o Panicum miliaceum e que pode levar a confusións. Se concorda con estes cambios, podo encargarme eu mesmo de facelos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de outubro de 2019 ás 22:41 (UTC)[responder]

O que comentas paréceme moi axeitado. Tendo en conta que a DRAG o recolle esa maneira non é algo que se poida obviar ao ser unha fonte de consulta básica. Poñereime en contacto con eles. Editei o texto porque unha amiga me preguntou o nome e me dixo que estaba así na wikipedia. Se podes facer os cambios agradézocho. Non me gusta darlle traballo a maiores a ninguén, pero van ser máis estables e tampouco sabería cambiar o nome do artigo. Aínda hai cousas da edición na Wikipedia nas que me perdo. Saúdos --Preghiseiro (conversa) 3 de outubro de 2019 ás 08:16 (UTC)[responder]

Xa está, movín o artigo "millo miúdo común" a millo miúdo, a secas, puxen aclaracións nas cabeceiras e amañei as ligazóns que apuntaban a eles, creo que agora quedou ben. Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de outubro de 2019 ás 12:55 (UTC)[responder]