Conversa usuario:Manuel Pérez Lorenzo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Manuel Pérez Lorenzo!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 16:42, 8 decembro 2007 (UTC)

Boas Manuel! Moi interesantes os artigos de agrupacións e de Sadenses que estás a crear. Boa falta fai un pouco de memoria histórica.

Saúde, e pola sombra!! --Estevoaeipa o que queiras... 23:38, 8 decembro 2007 (UTC)

Artigos para borrar[editar a fonte]

Algúns dos artigos que fixeches hoxe están propostos para borrar, podes ver as discusións sobre eles na páxina Wikipedia:Votacións para borrar. Un saúdo --Banjo tell me 00:45, 9 decembro 2007 (UTC)

Propostas para borrar[editar a fonte]

Ola Manuel. En primeiro lugar, benvido! Estás facendo un grande esforzo creando artigos de sadenses que foron asasinados durante a Guerra. Porén, propuxen para borrar algúns deles porque entendo que non deben ter artigo de seu: ou ben non temos información sobre eles, ou ben a información que temos non é abonda pra figurar nunha enciclopedia, ou ben as dúas cousas. Propóñoche crear un artigo que recolla os asasinados en Sada durante a Guerra. Ademais, quería lembrarche un par de cousas, que é bo que saibas para mellorar o teu traballo futuro:

  • Débese referenciar o máis posible a información que se dá nos artigos da wikipedia; por iso, están especialmente desrecomendadas as referencias a textos de investigación inéditos, porque os outros editores da wikipedia non poden contrastala
  • A wikipedia é de todos, tamén dos que non pensan coma nós. Polo tanto, debemos procurar a redacción máis neutra que se poida, evitar caer en louvanzas e non usar termos que poden ser complexos ou levar a polémicas innecesarias. Por exemplo, vin que nalgunhas partes empregas o termo "fascista". Dado que é un cualificativo polémico e sobre o que existe moita e fundada discrepancia por parte de diversos historiadores, creo que é mellor que te refiras á ditadura como franquista.--Xabier Cid 00:54, 9 decembro 2007 (UTC)
Ola Manuel! Como o meu compañeiro de arriba quería darche os parabéns por colaborares a facer medrar o proxecto. Mais como saberás temos problemas con algúns dos artigos. O caso é que pescudando por internet non se atopan referencias a esas persoas asasinadas. Nestes casos pouco coñecidos de persoas asasinadas débese referenciar con algunha publicación ou libro fiable que tal cousa pasou, porque para nós é moi difícil sabelo. Se a única referencia que tes é a túa investigación [1] os artigos non poden permanecer na Wikipedia, xa que non se permiten traballos orixinais. Ademais quería chamar a atención sobre un dos artigos: Benigno Mallo. A este párroco estáselle a acusar de participar na represión sen achegar referencias. Este tipo de acusacións gravísimas sen que poidamos saber se son certas fan que o artigo non poida permanecer. Supoño que coñecerás o caso de Dionisio Pereira, que levou unha demanda. No noso caso é aínda peor, porque non achegamos referencia algunha, o que pode caer nunha demanda contra nós. Un saúdo. AlberteSi, digame? 13:22, 10 decembro 2007 (UTC)



Resposto ás críticas anteriores[editar a fonte]

A información que transmito nos diferentes artigos parte dunha investigación propia realizada mediante a consulta (RIGOROSA) de fontes documentais e orais. O pasado sábado 8 de decembro inauguramos en Sada un monolito en homenaxe aos asasinados na Guerra Civil, no que, nunha das placas, aparece a lista de Sadenses asasinados. Para tal evento publicamos un tríptico informativo, con resumos das biografías de cada un deles. Responsabilízome, baixo o meu nome, Manuel Pérez Lorenzo, de todas as informacións verquidas nos casos dos represaliados, que, por outra parte, non reflicten máis que a realidade dos acontecementos, sen entrar en apreciacións personais. A biografía de Benigno Mallo, párroco de MEirás, ba´séase en datos recollidos da oralidade, peroque coincidiron en moitas testimuñas diferentes. Obviamente, non podo dar aquí os nomes dos entrevistados, mais tampouco creo necesario ter que agardar á publicación dun libro para poder transmitir estas informacións, en ningún dos casos, xa que, deste xeito, é posible que tarden anos en saír á luz. Os familiares directos vivos dos asasinados teñen entre 75 e 95 anos, polo que creo necesario que poidan chegar a ver o recoñecemento dos seus. Ou queremos vivir outros 70 anos de oscurantismo? Porque semella que si. É imposible remitir bibliografía sobre José Neira, José Cadaveira ou Isidro Santos. Sinxelamente porque non existe nada publicado sobre estas xentes. Temos que agardar a que morra a viuba de Neira para lembrar (sempre co debido rigor histórico) o caso do seu marido? Por certo, a información que inclúo nos outros artigos que fixen e que si teñen referencias bibliográficas non procede ma súa inmensa maioría desta bibliografía, sènón da miña propia investigación. Polo que, quitar uns e non outros sería un acto de hipocrisía. Sabemos das vantaxes de internet, mais tamén do perigo que supón o nin contar cunha información filtrada. Hai que ser conscientes diso e andar con ollo. De todos xeitos, a validez das informacións verquidas nun artigo non se pode avalar só con referencias bibliográficas. Podería escribir unha Historia da Guerra Civil e poñer como bibliografía a de la Cierva, Pío Moa e César Vidal, e o artigo sería unha completa farsa. Por outra banda, non creo que se podan medir os artigos polo número de palabras que conteñen. Se cadra é máis importante poñer a biografía dun destes inocentes asasinados polos seus ideias que un artigo sobre calquera chorrada da que se ten moita máis información. Precisamente, introducindo estes artigos incítase a curiosidade da xente sobre aspectos da nosa Historia interesadamente equencidos. É interesante, así o creo, que conten con cadanéu artigo individual, para poder acceder a el desde cada lugar no que aparezca referenciado. O proceso de recuperación da memoria histórica da represión franquista ten que ser potenciado ao máximo. A información ten que fluír, para orgullo das familias que a sufriron e vergoña das que participaron dela. Nunca se poderá facer xustiza cos nosos mortos, para iso habería que voltalos á vida, e eu non creo en deuses, ceos nin miragres. Mais hai que lembralos, por que o merecen e por uq e anosa sociedade idiotizada o precisa. Xa bastates oposicións estamos a atopar nos ámbitos dereitistas (normais, polo que lles toca). Acepto todo tipo de críticas, tanto aos termos que empregue coma ao meu estilo, así como todas as modificacións que se lles queiran facer aos artigos, para iso escribo na Galipedia. O que non comparto, por respecto a esta xente, é que, por non se coñeceren moitos datos das súas biografías, non se consideren mercedores dun artigo individual. Precisamente, estes artigos son os máis necesarios. E, total, non creo que lle estean restando sitio a outros. Sen máis, un saúdo e os meus parabéns pola Galipedia, que considero unha ferramente útil.

                                              Manuel Pérez Lorenzo (Samoedo, Sada, 2007)
Ola Manuel. Dificilmente alguén pode estar en desacordo coa túa exposición, non sentir simpatía polas persoas que sofriron persecución e o non desexar que sexan recoñecidas. Debo engadir que creo ser un dos máximos defensores de que a Galipedia recolla a cultura galega e as achegas nese sentido téñoas por moi valiosas. Dito isto debo dicir que a miúdo temos dificultades en transmitir os usuarios novos (e a algúns non tan novos) cales son os principios de Wikipedia. Frecuentemente interprétanse este tipo de accións dos editores como guiadas por motivo ideolóxicos, ou sentidas como un menosprezo das colaboracións novas, en ocasións tomadas por incomprensibles, inxustificadas ou demasiado estritas.
A Galipedia, a Wikipedia en galego non é un proxecto illado do resto dos proxectos da Fundación Wikimedia en consecuencia os principios que rexen este wiki son comúns ao resto dos wikis da Fundación. Poden existir certas particularidades pero son de tipo menor fronte aos principios no que se fundamenta á Wikipedia.
Un deses principios é que a Wikipedia non é unha fonte primaria. Quere dicir que non pode albergar investigación orixinais, mesmo no caso que estiveran publicadas e o autor sexa un mesmo. Tal como podes ler na páxina referenciada iso non implica que esteamos a prexulgar a calidade da investigación, ou exista algún prexuízo contra dela, ademais iso é aplicable a un investigador descoñecido ou a un Premio Nobel.
Polo tanto as mensaxes que podes ler arriba non son críticas, só pretenden explicar en que parámetros se move a Wikipedia. Posiblemente quen non estea familiarizado co proxecto pode pensar que o que se expón é arbitrario. En realidade non é así, son garantías para o mellor funcionamento de Wikipedia. Como a Galipedia é un proxecto en progreso —en construción permanente— o afirmado non quita de que nas páxinas do wiki poidan existir provisoriamente (ata que sexan detectados) entradas ou textos que non cumpran algúns deses principios que deban corrixirse, mudarse ou borrarse.
Para rematar, atrévome a afirmar que as persoas que interviron antes desexarían que ditos artigos puideran quedar pero o dito é independente do desexo de cada un de nós. Unha cousa máis das túas palabras deduzo que hai máis textos que conteñen investigacións orixinais, por desgraza ditos textos tamén deben ser eliminados. Quixera que esta cuestión non te arredara da Galipeda, un proxecto continuamente necesitado de novos colaboradores. Non me cabe dúbida de que podes contribuír con outros materiais que cumpran cos requisitos de Wikipedia.
Grazas pola túa axuda. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:07, 11 decembro 2007 (UTC)
  • Olá. Iache explicar o mesmo que acabo de ver que fixo Prevert. Ao tratarse de investigacións orixinais non poden aparecer aquí, polo que se van eliminar. Seguimos o mesmo procedemento para todas as situacións semellantes; en Wikipedia:Política e normas podes atopar as normas que debemos seguir todos. Espero que isto non che desanime no labor que estás a desenvolver, que comprendas os criterios que seguimos e que atopes máis motivos para contribuír á Galipedia. Un saúdo. --Xosé (✉) 23:16, 11 decembro 2007 (UTC)
  • Ola a todos. Repito que os meus artigos, na súa totalidade, están baseados en investigacións peroais. En todo, caso, nos casos das agrupacións sindicias, o único que fago é transcribir informacións extraídas do Arquivo do REino de Galicia e da prensa da época, que podo indicar perfectamente. Se o considerades, podedes borrar todos os artigos, e o comprendo. Mais non colaborarei na wikipedia, e buscarei outro medio, xa que sobre a Guerra Civil en Sada non hai nada publicado, e entrariamos sempre no mesmo problema. Non podo compartir eses criterios, pero os repecto. E non teño vocación de parafrasesador. Un saúdo, Usuario:Manuel Pérez Lorenzo

boas, Manuel. Alégrame saber que segues a colaborar coa wikipedia, malia os traspés. Parabéns polos teus artigos e (malia que non todo poda ser subido aquí) pola laboura de investigación. Ánimo. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 15:41, 15 decembro 2007 (UTC)

Artigos sobre Sada e asasinados[editar a fonte]

Ola, atopei o seguinte nun libro que creo que che pode servir de axuda (pódeche servir de fonte) no teu gran labor contra o esquecemento colectivo:

En Sada houbo de enfrontar unha rexa oposición antes de poder controlar a vila. Aquí, a partida cara a Betanzos dos efectivos da Guarda Civil e Carabineiros nos primeiros días da sublevación deixara o control da situación en mans do poder lexítimo, cuxo máximo representante, o alcalde Antonio Fernández Pita, decretou a requisición de armas. A resistencia ao levantamento militar foi dirixida, para alén do alcalde, polo irmán de Suárez Picallo, o doutor José Pubul, Justo Rodríguez e máis José Monzo, secretario este último da CNT local; máis non puido pasar do día 23. Ben antes, no mesmo 18, organizárase un comboio de varios camións carregados de voluntarios que se dirixiu á Coruña en auxilio dos republicanos e sindicalistas da urbe. Tal como aconteceu con outras muitas expedicións similares, ordenoúselles retornar ao seu lugar de orixe. Unha vez asentado o poder sedicioso, foi nomeado alcalde Toribio Pollán Nieto e delegado da Orde Pública Eustaquio de Diego. O mandatario constitucional deposto, Fernández Pita, sería encarcerado, xulgado en consello de guerra e fusilado na Coruña o 27 de novembro, tres meses despois de que aparecesen no monte de Abeleira (Veigue) os cadáveres de Antonio Suárez Picallo, Antonio Carballeira Muñiz e Manuel Prego Chás con sinais evidentes de violencia. Entre os que conseguiron safar figuraba un xoven mariñeiro comunista de nome Francisco Rey Balbís. Anos máis tarde había dar que falar como dirixente guerrilleiro sob o alcuño de Moncho. Páx. 181. 1936. Represión e Alzamento militar en Galiza. Carlos F. Velasco Souto, Edic. A Nosa Terra, ISBN 84-8341-039-7

Espero que te sirva de axuda no teu traballo e parabéns polo teu labor, por certo non sei se sabes que agora mesmo en Santiago e ata o 30 de xaneiro hai unha exposición na Casa da Parra sobre "Rostros da Memoria" con fotografías de Xurxo Lobato de víctimas da represión pero non atopei a ningún sadense, pero por si te interesa. Saúdos e se atopo algo máis, xa cho direi. Alma (fálame eiquí) 19:35, 19 decembro 2007 (UTC)

Resposta[editar a fonte]

Gracias por esa información. O libro xa o coñecía, pero pasarei por esa exposición. Un saúdo.

O dato de Sada como lugar de nacemento viña do artigo Urbano Lugrís González. Na biografía que lle fan na Gran Enciclopedia Galega non consta onde naceu. Confírmame, por favor, a fonte que o fai nacer na Coruña para face-lo cambio correspondente no seu artigo, substituíndo o de Sada. Grazas. Pedro --Lameiro (conversa) 19:23, 10 xaneiro 2008 (UTC)

ola Manuel!

acabo de crear a caixa de lugares da parroquia de Soñeiro, así como modificar un pouco a páxina. Se lle botas un ollo e corrixes posibles erros (igual hai máis lugares, ou a poboación está mal, ou que sei eu...), quedaría agradecido.

Lémonos! --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 15:05, 3 marzo 2008 (UTC)

Ola Manuel. Borrei esta imaxe por ser un duplicado exacto de Imaxe:Escudo Sada.jpg. Respectei esta última por ser a que se empregaba na páxina Sada.

Mantense a imaxe Imaxe:Escudo Sada.jpg, pero fáltalle un dato, o da orixe, fáltalle o DOG en que a imaxe foi publicada (en http://www.eidolocal.es/portal/serv_xunta/heraldica.jsp?provincia=15&concello= non aparece). Para manter a imaxe identificando o escudo de Sada na Galipedia é preciso que se poida comprobar que a imaxe é idéntica á que se indica no DOG, se ben hai moitos concellos que inda non solicitaron a aprobación dos seus escudos ou que non poden solicitar tal aprobación sen varialos. Bo traballo. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 16:08, 24 marzo 2008 (UTC)

Orixe descoñecida[editar a fonte]

Perigo
Esta imaxe será borrada por non se poder comprobar a licenza
Image:Vista de Sada desde o mar.jpg
Imaxe:Praza de San Roque nos anos 10.jpg
Imaxe:Carros na praia cargando o patexo.jpg
Imaxe:Travías nos anos 20.jpg
Imaxe:Mulleres lavando no río.jpg
Imaxe:Ramón Suárez Picallo.jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Vista de Sada desde o mar.jpg', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

  • Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
  • Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes



Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 16:28, 24 marzo 2008 (UTC)

Grazas por subir esta imaxe. Por falta de datos obrigados, que probablemente non puxeches por descoñecemento, a foto que subiches podería ser borrada.

Indicaches unha licenza. A licenza expresa que ti fixeches a foto, pero é necesario que, se é así, o especifiques escribindo "eu son o autor (self made)" nos datos da imaxe. O motivo é que moitos usuarios poñen unha licenza ó azar, polo que se esixe explicitar a orixe da imaxe.

En caso de que a imaxe non sexa túa, coloca un enlace ó lugar do cal a copiaches ou indica onde aparece para poder comprobar que a licenza que colocas é adecuada. As políticas da Galipedia están pensadas para que este proxecto e o das wikipedias perdure e non sexa atacado por poderes ós que non lles interesa que a cultura sexa libre. Se non procurásemos ser estritos cos dereitos de autor, correriámo-lo risco de que o proxecto cambaleásese e/ou desaparecese.

Para editar a imaxe e engadir os datos requiridos podes ler Como engadir datos ás imaxes. Se tes algunha dificultade, non dubides en mo comunicar (Como contactar con outros usuarios) pois estarei encantado en te axudar.

A orixe ou source consiste en aclarar de onde sae a imaxe, preferentemente mediante un enlace ou unha cita. É obvio que isto non é aplicable a aquel material que se publique por primeira vez na Galipedia polo seu autor, sendo este quen cargue as imaxes aquí. Pero débese indicar expresamente. Tes máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes


Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 16:21, 24 marzo 2008 (UTC)

Fixen unha variación nesta galería incorporando nela un apartado para as imaxes de Carnoedo, Sada. Seguín con isto a estrutura de Galería de imaxes de Ribeira e páxinas semellantes. Por outra banda, como tras facer isto, non tiña sentido a páxina Galería de imaxes de Carnoedo, borreina. De tódolos xeitos, bo traballo e grazas por colaborares connosco. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 16:53, 24 marzo 2008 (UTC)

Orixe descoñecida[editar a fonte]

Perigo
Esta imaxe será borrada por non se poder comprobar a licenza
Image:Igrexa Parroquial de San Andrés de Carnoedo.jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Igrexa Parroquial de San Andrés de Carnoedo.jpg', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

  • Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
  • Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes

A imaxe Imaxe:Vista de Sada desde o mar.jpg foi borrada por carecer de orixe. Un cordial saúdo

--Lmbuga Commons - Galipedia 20:42, 22 xuño 2008 (UTC)

Orixe descoñecida[editar a fonte]

Perigo
Esta imaxe será borrada por non se poder comprobar a licenza
Image:Igrexa Parroquial de San Xián de Soñeiro.jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Igrexa Parroquial de San Xián de Soñeiro.jpg', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

  • Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
  • Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes



Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 20:51, 22 xuño 2008 (UTC)