Conversa usuario:Kim~glwiki

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

benvida KIM--Tommyhilfiger 21:22, 30 xuño 2008 (UTC)

Benvido(a) á Galipedia, Kim!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 06:40, 1 xullo 2008 (UTC)

Aviso de borrado[editar a fonte]

Ola, Kim, benvida á Galipedia. Vin que creaches catro artigos nas últimas horas incluíndo refráns. Como os artigos son moi pequenos e non teñen apenas contidos, vou proceder a borralos. Por suposto, ti ou calquera outra persoa pode crealos se existen máis contidos (e máis sólidos) para facelo.

Pero ademais, despois da túa intervención na conversa sobre A morte na cultura popular galega, pode parecer que creaches estes artigos pra bulra do outro ou ben pra tentar demostrar os teus puntos de vista. Se iso fose así, estarías facendo algo que se coñece como enredar a wikipedia pra apoiar un argumento, e que está moi desaconsellado. Se tes calquera dúbida, ponte en contacto comigo. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 13:41, 19 novembro 2008 (UTC)

Non, Kim, non me malentendas. Non borrei eses artigos porque fosen teus. Borreinos porque eran demasiado curtos, o que é unha práctica normal e corrente. Tampouco dixen que actuases malintencionadamente, senón que podía parecelo, e expliqueiche por que iso non se debería facer. Polo demais, animeiche a que ademais de facer as necesarísimas críticas, corrixises directamente os problemas do artigo. O meu papel, como o dos demais usuarios e administradores, é axudar e colaborar pra que todo funcione mellor: non necesito "demostrar o meu poderío", en primeiro lugar porque non o teño. :) Pra todo o que queiras, aquí estou. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 22:22, 19 novembro 2008 (UTC)

Re:gracioso[editar a fonte]

Desculpa. A imaxe de ETA é circunstancial, non ten que ver coa miña ideoloxía. Está aí para demostrar que non se poden poñer nas páxinas de usuario imaxes, frases ou caixas de usuario en contra de ETA, ou a favor de ETA. Se pertmitimos tal cousa, temos que permitir o contrario.
Eu estou en contra das caixas de usuario. A conversa da que nace que colocase tal imaxe está aquí. Desculpa se che ofendín con esa imaxe, retirareina proximamente. Certamente, non me identifico con ela--Saúdos e grazas. Xan de ningures 22:35, 16 xaneiro 2009 (UTC)
Grazas por ler a conversa tan detidamente. Grazas pola túa consideración. Eu non me considero tan importante como para que nada (nin moito menos ETA) medre por ter 24 horas unha imaxe na miña páxina de usuario. Por favor, pasa de min.--Saúdos e grazas. Xan de ningures 22:40, 16 xaneiro 2009 (UTC)
Iso si, rogaríache encarecidamente que solicitases que eu fose bloqueado por ter dita imaxe en Wikipedia:Taboleiro dos administradores. A verdade é que me farías un favor. Faríasmo inda que eu fose bloqueado, por moito que che pareza incrible--Saúdos e grazas. Xan de ningures 22:43, 16 xaneiro 2009 (UTC)
Acabo de ler o teu comentario despois do que che acabo de escribir, por favor, solicita que me bloqueen (é polo ben da Galipedia)--Saúdos e grazas. Xan de ningures 22:46, 16 xaneiro 2009 (UTC)

Por favor, asina. Eu fágoo, creo que como mínimo podo merecer esa consideración. Discrepamos... Que liches algo... Non o creo. Amén ó que digas. Pasa de min--Saúdos e grazas. Xan de ningures 22:52, 16 xaneiro 2009 (UTC)

Por certo, eu xa solicitei ser bloqueado ou que se borrase o que fixen na miña páxina. Tiven que borrar todo eu, pois ninguén o fixo--Saúdos e grazas. Xan de ningures 22:53, 16 xaneiro 2009 (UTC)
Por certo, a imaxe de ETA estivo aí escasamente 5 minutos, o tempo que estivemos falando. Compróbao, pero non te volvas dirixir a min, por favor--Saúdos e grazas. Xan de ningures 22:54, 16 xaneiro 2009 (UTC)

Grazas por asinar, semella que xa case son persoa--Saúdos e grazas. Xan de ningures 22:57, 16 xaneiro 2009 (UTC)

Esquecendo toda esta desagradable conversa (eu podo), véxome na necesidade, na obriga... (non sei que máis dicir, pero sinto máis cousas) de pedirche perdón. Sei que non debín pór esa imaxe. Xusto a puxen e ti te dirixiches a min. A finalidade non era facer publicidade de ETA ou acreditar o seu labor. Retirei todo o que había de conflitivo na miña páxina de usuario fai un cacho, antes última mensaxe miña que recibiches. Desculpa: Creo que nas wikipedias non debemos aclarar as nosas ideoloxías ou crenzas, debeos traballar conxuntamente máis alá de todo iso, superando todo iso; pero quero que saibas que eu non son pro-eta, ó revés, se algo son é pacifista. Por favor, fai un esforzo e intenta comprender--Saúdos e grazas. Xan de ningures 23:05, 16 xaneiro 2009 (UTC)
Vivimos diferentes mundos. Se tes o correo activo, mandareiche un correo, desculpa que che diga que non tes perspectiva, pero non a tes. Grazas así e todo por ser considerado e por permitir acabar esta controversia sen sentido. Sabes?, eu teño un amigo (quizais coñecido, mais ca amigo) que sendo neno sufriu que o seu pai morrese. Quizais non o lembres, o pai era un policía que na praza de abastos de Santiago recibiu un tiro de ETA (eu era oi novo daquela e el tamén). Ti te dirixiches a min no momento exacto en que eu estaba facendo presión (acababa xusto de colocar esa imaxe), que entrases, veume ben, pois permíteme demostrar que non se pode aceptar que nas páxinas de usuarios haxa contidos ideolóxicos. Poida que me excedese. Se me excedín é porque non me considero importante, porque creo que a miña páxina de usuario non ten maior relevancia por moito que esta vez puidese tela para ti. Podes criticarme, pero mañá (ou cando volva) vou volver intentar facer esa mesma presión que intentei hoxe. Quizais volva intentalo de aquí a un cacho, pero procurareique non te sintas tan molesto comigo--Saúdos e grazas. Xan de ningures 23:27, 16 xaneiro 2009 (UTC)
Confúndese vostede comigo. Non espere que contacte con vostede, borrei xa o que estaba a escribir-- Xan de ningures 23:53, 16 xaneiro 2009 (UTC)

Explicacións[editar a fonte]

Retirei a caixa que facía alusión á relixiosidade dun usuario porque así se di nas normas que temos (véxase Wikipedia:Caixas de usuario), porén non vexo ningunha norma que prohiba ter unha imaxe procedente de Commons. Na miña opinión unha imaxe ancorada no proxecto Wikimedia (commons pertence a el) no que eu non escribo nada, só coloco a imaxe (sería diferente que escribira algo estilo Morra Israel ou calquera outra cousa) non ten ningún tipo de problema. Se alguén se sinte ofendido pola matanza de nenos palestinos non creo que sexa culpa da imaxe de commons que puxen, senón da triste realidade que está sucedendo. Coido que queda explicado: unha cousa é unha caixa (para as que hai unhas políticas concretas que xa citei) e outra colocar unha sinxela imaxe na que non escribo nada. Máis nada, bueno marcho pra cama que xa vai sendo hora. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 00:09, 17 xaneiro 2009 (UTC)

Procedín ó bloqueo por un mes, xa que as túas edicións consisten en menosprezar usuarios e/ou as súas edicións. Neste tempo, por favor, reconsidera a túa actuación na galipedia, e lembra que aquí se está para editar artigos (crealos, melloralos...) non para insultar á xente que ten a ben contribuír no proxecto. Debido a que un elevado porcentaxe das túas edicións constitúen actitudes de menosprezos e insultos, non tiven máis ca bloquearte. Agardo que pasado o mes poidas entrar nesta enciclopedia para colaborar e non para insultar. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 23:08, 7 febreiro 2009 (UTC)

Resposta.[editar a fonte]

Ola Kim, a wikipedia em portugues no comezo tambem era asi. Saudos. --Santista1982 02:45, 8 febreiro 2009 (UTC)

Vai cambiar o seu nome de usuario[editar a fonte]

18 de marzo de 2015 ás 01:45 (UTC)

Renomeado[editar a fonte]

19 de abril de 2015 ás 07:39 (UTC)