Conversa usuario:José Manuel Veiga Pose
Benvido(a) á Galipedia, José Manuel Veiga Pose!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo. ☣Banjo tell me 10 de outubro de 2016 ás 16:58 (UTC)
Benvido/a e grazas por experimentar na Wikipedia. A túa proba funcionou, pero foi revertida ou eliminada. Por favor, bótalle unha ollada á páxina de benvida para aprender máis sobre como colaborar nesta enciclopedia. Se o que queres é seguir a experimentar, usa a zona de probas. Grazas. ☣Banjo tell me 10 de outubro de 2016 ás 16:58 (UTC)
Benvido á Wikipedia. Aínda que convidamos a todo o mundo a que contribúa na Wikipedia, algunha das túas edicións recentes semella non ser construtiva e foi revertida ou eliminada. Por favor, usa a zona de probas para realizar probas de edición e bótalle unha ollada á páxina de benvida para aprender máis sobre como colaborar nesta enciclopedia. Grazas. ☣Banjo tell me 15 de outubro de 2016 ás 14:31 (UTC)
Por favor, deixa de facer edicións non construtivas na Wikipedia. Semella que as túas edicións poden constituír vandalismo e foron revertidas ou eliminadas. Se o que queres é experimentar, usa a zona de probas. Grazas. ☣Banjo tell me 15 de outubro de 2016 ás 14:35 (UTC)
Vandalismo e bloqueo[editar a fonte]
Ola, José Manuel. Non podes eliminar contidos sen motivo. En vista de que xa recibiches múltiples avisos, procedín a bloquearte durante 24 horas. Espero que, pasado ese tempo, regreses con azos renovados e máis construtivos. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 15 de outubro de 2016 ás 15:03 (UTC)
Nomenclátor[editar a fonte]
Ola, José Manuel. Para os artigos sobre parroquias e lugares de Galicia, Na Galipedia séguese o criterio do Nomenclátor de Galicia, o corpus oficial da Xunta de Galicia. Se atopas erros nel, é boa cousa que te dirixas ao organismo para que os corrixan, mais na Galipedia debemos cinguirnos ás fontes oficiais. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 15 de outubro de 2016 ás 15:57 (UTC)
- Prezado José Manuel: é importante que distingas entre a toponimia oficial e as denominacións populares. A toponimia oficial está á marxe de variedades dialectais (gheada ou seseo, por exemplo) ou outros fenómenos fonéticos, (epéntese ou aférese, por exemplo). É por iso que é Cee e non Sé, ou A Coruña e non A Cruña. As denominacións populares existen, pero o criterio da Galipedia é rexerse polo Nomenclátor oficial, do mesmo modo que existen variedades lingüísticas, mais a Galipedia réxese polas Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. Se o Dicionario da Real Academia Galega non recolle un termo que usas, podes facer suxestións para que o inclúan. Do mesmo modo, se observas que o Nomenclátor non recolle todos os lugares ou a denominación dos mesmos é incorrecta, ponte en contacto cos administradores do Nomenclátor para que realicen as modificacións oportunas. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 18 de outubro de 2016 ás 14:37 (UTC)
Eliminar contidos[editar a fonte]
Ola, José Manuel. Por favor, non sigas mudando os topónimos, como acabas de facer[1]. Se persistes, pode ser entendido como vandalismo e polo tanto como motivo de expulsión. Se tes dúbidas, pregunta. --Atobar (conversa comigo) 16 de outubro de 2016 ás 09:28 (UTC)