Conversa usuario:Cpls

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Cpls!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:08, 12 de outubro de 2012 (UTC)

Agradecido!--Cpls (conversa) 09:02, 12 de outubro de 2012 (UTC)
Unha nota, para responder as mensaxes hai que facelo na páxina de conversa do outro usuario :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:32, 12 de outubro de 2012 (UTC)
Estás nun erro, non foi o Tribunal Internacional de Xustiza (http://www.icj-cij.org/) foi The International Common Law Court of Justice ( http://itccs.org) que non é un tribunal pese ao nome é unha asociación e como tal non pode ditar ordes nin menos xulgar ou deter.--Sernostri (conversa) 7 de marzo de 2013 ás 14:36 (UTC)[responder]
Os erros cando se fan sen intención serven para mellorar e ninguén está libre de cometelos.--Sernostri (conversa) 7 de marzo de 2013 ás 21:52 (UTC)[responder]

Sen problemas. Xa tes en Commons -cat. yokes- as fotografías dos tres tipos de xugo. Grazas por apreciar as miñas fotos. Pedro --Lameiro (conversa) 7 de novembro de 2015 ás 20:17 (UTC)[responder]

Ola compañeiro/a.

Poderías achegar unha referencia para isto: [1] ?

Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 21 de maio de 2016 ás 11:33 (UTC)[responder]

Ola de novo
A cuestión é ben sinxela: Cómpre referencias para a afirmación: "Johán Vicente Viqueira Cortón era como escribía el o seu nome"
Nin o que puxeches na miña páxina de conversa, nin as referencias que trasladaches de lugar no artigo, validan a afirmación, por que en ningunha delas di o que ti afirmas.
Como titulen as Wikipedias noutras linguas, para o caso, é irrelevante (xa que: WP:NFP).
En caso de dúbida, suxíroche a lectura de: WP:V e WP:CITE.
Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 21 de maio de 2016 ás 16:54 (UTC)[responder]