Conversa usuario:Alvaro Freijo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Alvaro Freijo!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de agosto de 2014 ás 12:13 (UTC)[responder]

Licenzas das imaxes[editar a fonte]

Boas, tiven que quitar unha das imaxes do artigo Reganosa porque ten dereitos de autor, a outra dubido, fixéchela ti ou copiáchela dunha páxina web de Internet?

Nas wikipedias non se poden usar imaxes de Internet que non teñan os seus dereitos liberados, se ese non é o caso haberá que borrar a segunda imaxe tamén. Se tes dúbidas sobre este tema podes comentarmas na miña páxina de conversa ou na taberna da Galipedia. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de agosto de 2014 ás 12:13 (UTC)[responder]

Como xa comentaron en Commons esas imaxes non poden utilizarse nas wikipedias xa que non teñen unha licenza libre compatible coa das wikis, o permiso que da Reganosa na súa páxina web é unicamente para os profesionais da comunicación e só atingue ós textos que proporcionan é á imaxe corporativa, polo tanto ninguén nas wikis pode autorizar o uso desas imaxes. A única que pode autorizar o seu uso cunha licenza libre sería a propia Reganosa.
Se, polo que entendo do teu comentario, pertences a Reganosa e podes autorizar a liberación desas imaxes entón o que terías que facer é usar o OTRS da wikipedia. Este é o sistema que se usa para liberar determinados contidos. Unha cousa que se debe ter en conta é que o permiso non se concede exclusivamente á wikipedia, ese permiso libera as imaxes para todo o mundo e permite que se fagan obras derivadas delas e tamén que se usen con fins comerciais, a única obriga que haberá para o seu uso será a de indicar o autor e a de manter a licenza orixinal da foto se se escolle a licenza CC-BY-SA. Aquí tes o modelo de correo electrónico e a dirección á que habería que envialo. Se precisas axuda con este proceso podes consultarme as dúbidas que teñas na miña páxina de usuario.
Outro detalle, se traballas en Reganosa, á marxe de que poidas autorizar o uso das imaxes, deberás ter en conta a política de Wikipedia:Conflito de intereses da Galipedia xa que che afectaría directamente se quixeras editar o seu artigo. Un saúdo, --Elisardojm (conversa) 29 de agosto de 2014 ás 08:44 (UTC)[responder]
Boas, vin que engadiches novas imaxes de Reganosa a Commons que están quitadas de sitios de Internet que teñen dereitos de autor. Vas a utilizar o sistema de OTRS que che comentei para liberalas ou non? É que se non hai unha notificación na que se indique que se liberan os dereitos de autor van ter que ser borradas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de setembro de 2014 ás 11:31 (UTC)[responder]
As imaxes que subiches de Reganosa están as dúas no Diario de Ferrol, aquí e aqui, traballas nese periódico? ou como é que as publicaron? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de setembro de 2014 ás 23:42 (UTC)[responder]

Conflito de intereses[editar a fonte]

Ola Álvaro.

Por favor, ten en consideración o expresado en: Wikipedia:Conflito de intereses.

Graciñas. Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 29 de agosto de 2014 ás 09:54 (UTC)[responder]

Entendo.
Se observas información errónea no artigo indícao, por favor, na súa páxina de conversa (Conversa:Reganosa), citando fontes acreditadas (Wikipedia:Cite as fontes e Wikipedia:Verificabilidade).
Teño que advertirche que se insistes en eliminar do artigo as referencias (aos xornais El País, La Voz de Galicia, Praza Pública e Diario de Ferrol) a túa conta de usuario podería será bloqueada.
Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 1 de setembro de 2014 ás 09:50 (UTC)[responder]

Editar noutras linguas[editar a fonte]

As wikipedias en diferentes linguas son proxectos irmáns pero en certo sentido independentes. Para editar en calquera delas só tes que partir da propia wikipedia na lingua que sexa. Dese xeito, como exemplo, indo á Wikipedia en italiano: https://it.wikipedia.org poderías comezar o artigo de Castelao.

Despois, o proceso de ligazón entre os artigos do mesmo tema en diferentes linguas faise premendo na opción "Engadir ligazóns" da columna da esquerda e escribindo o código de lingua (no exemplo "it", de italiano) e máis o nome correspondente nesa lingua. --. HombreDHojalata.conversa 1 de setembro de 2014 ás 10:09 (UTC)[responder]