Conversa:Vaga de incendios forestais de 2017 en Galicia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Contidos a mellorar[editar a fonte]

  • O xoves 12 xa había incendios, e na semana anterior.
  • Cómpre sinalar que tiveron lugar na semana en que se rematou o contrato das persoas que traballaban nas brigadas.
  • Cabe galeguizar as referencias; medios como Galicia Confidencial, Praza Pública ou Sermos Galiza fixeron un bo seguimento.
  • Cabe sinalar en consecuencias as manifas organizadas o luns 16, así como o rebumbio nas redes sociais o día 15 (trending topic #ardegalicia)
  • Cómpre relacionar cos incendios en Portugal e Asturias dos mesmos días.

Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 16 de outubro de 2017 ás 20:53 (UTC)[responder]

Cambios na introdución[editar a fonte]

User:Sobreira, o formato das referencias non é axeitado, se non se usa o modelo de citas, o máis correcto é ligar o artigo do xornal engadindo o título. Seguindo isto a introdución quedaría como poño abaixo, se che parece ben como queda podemos pasala ó artigo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de outubro de 2017 ás 18:18 (UTC)[responder]

A vaga de incendios forestais de 2017 en Galicia son unha serie de incendios forestais que afectan a boa parte de Galicia en outubro de 2017, simultáneos con cadansúas vagas en Asturias e Portugal. Entre o venres 13 de outubro e a tarde do domingo rexistráronse 146 incendios, 60 deles na xornada de domingo e 28 destes iniciados de madrugada, entre a medianoite e as nove da mañá. Os lumes afectan ás catro provincias galegas e provocaron catro mortos en Galicia[1] (44 en Portugal). Os presidentes de Galicia, Alberto Núñez Feijóo,[2][3] e de España, Mariano Rajoy,[4] incidiron dun xeito sistemático que son intencionados, mentres que profesionais especializados como enxeñeiros[5], xuristas[6][7], brigadistas e servizos de emerxencias[8] non mencionan a intencionalidade como razón principal, aducindo outras causas.[9][10] [11][12] [13][14][15] Algúns autores apuntan unha estratexia dos primeiros para ocultar as causas que os segundos refiren.[16]

@Elisardojm: No problem, non o cambiei eu por que xa estaba canso e quería ir ver o do 155. Só unha cousa: a edición intercambia "dun xeito sistemático"<>"que son intencionados" e iso modifica o significado desa parte, e logo cambias o que non mencionan os profs de "system>intencion". De feito, os profs non negan que haxa intencionalidade, o que negan é que sexa terrorista (é dicir, sistemática). ※ Sobreira ►〓 parlez 21 de outubro de 2017 ás 22:16 (UTC)[responder]
@Sobreira:, para min esa edición non cambia o sentido da frase, cambiei "incidiron que son intencionados dun xeito sistemático," por "incidiron dun xeito sistemático que son intencionados", que agora que o reviso penso que debería poñer "incidiron>, dun xeito sistemático,< en que son intencionados". O que fixeron de xeito sistemático (os presidentes) foi incidir, non que (os incendios son) intencionados dun xeito sistemático. E logo o cambio da segunda parte é porque o que os profesionais din nas referencias é iso, que a intencionalidade non é unha razón principal, entón xa non hai sistematicidade, meter aí a sistematicidade, para min, é complicar a frase. Pero ó mellor estoume a liar, destas cousas sabes ti máis ca min O:) Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de outubro de 2017 ás 01:26 (UTC)[responder]
  1. «Tres muertos y miles de hectáreas calcinadas en Galicia, donde siguen activos 30 incendios» (en castelán) El Mundo.
  2. Feijóo lamenta o "terrorismo incendiario" e di que hai "máis medios que nunca en outubro"
  3. Feijóo alenta que os incendiarios sexan xulgados por terrorismo na Audiencia Nacional
  4. Rajoy asegura que a vaga de incendios foi "provocada" e non "casualidade"
  5. Juan Picos: "Recorrer ás mafias para explicar os incendios é un xeito de calmar a nosa conciencia como sociedade"
  6. "En anos de investigación, nunca atopamos esa famosa trama incendiaria"
  7. A Fiscalía investiga se os incendios foron “coordinados”, pero lembra que ata agora nunca se probou
  8. Os sindicatos dos bombeiros forestais esixen a dimisión da conselleira do Medio Rural
  9. "Feijóo recomendou chamar ao 112 para calquera cousa e colapsou a coordinación dos incendios"
  10. Os sindicatos dos bombeiros forestais esixen a dimisión da conselleira do Medio Rural
  11. Máis de 70 incendios queimaron xa 8.500 hectáreas en 50 concellos galegos durante este ano
  12. "Queremos que Galicia tenga un modelo de prevención de incendios eficaz y no esta chapuza"
  13. Axentes forestais: "A Xunta dixo que non mantiña o dispositivo por razóns orzamentarias"
  14. "Feijóo recomendou chamar ao 112 para calquera cousa e colapsou a coordinación dos incendios"
  15. O número de mortes polos incendios en Portugal ascende a 31
  16. Rosa Aneiros criticouno como unha manobra de distración, mentres que Carlos Negro criticou tamén a cobertura da Televisión de Galicia

Frase na introdución[editar a fonte]

Sobreira, na introdución, a frase "Algúns autores apuntan unha estratexia dos primeiros para ocultar as causas que os segundos refiren." non me "encaixa" moito..., basear esa información/acusación na opinión de dúas persoas non me parece neutral, eu quitaríaa. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de outubro de 2017 ás 18:22 (UTC)[responder]

A min paréceme relevante, porque dá a interpretación de terceiros sobre porqué os presis non opinan o que todo o mundo. O que non me parecería neutral é que levase a opinión cantante o que din os presis, que simplemente se mencione que outros teñen outra opinión sen profundizar en que realmente son contrapostas, por iso hai uns terceiros que explicitan cal é a causa. Non pretendo ser nin oficialista nin conspiracionista nin antipresidencialista, pero se se presenta como non marcado ó discurso dunha parte hexemónica (como son os presis) sen presentar as razóns da opinión contraria, fáiselle o xogo e non é neutral. ※ Sobreira ►〓 parlez 21 de outubro de 2017 ás 22:10 (UTC)[responder]
De feito, agora que o penso, creo que o práctico e apropiado sería poñer toda a segunda parte do parágrafo intro en sección aparte. O título sería "Causa principal" ou algo así. Aí e así si tería moito sentido poñer o dos presis, o dos profs e o dos da cortina de fume. E obviar calquera deles sería "mala praxe". ※ Sobreira ►〓 parlez 22 de outubro de 2017 ás 00:54 (UTC)[responder]
Ben, pois que quede entón, pero tal e como está agora creo que había que cambiala, porque o primeiro que pensei ó lela foi que era unha frase dos irmáns Marx :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de outubro de 2017 ás 01:30 (UTC)[responder]

Contido e interwikis[editar a fonte]

Orixinalmente este artigo foi unha tradución do artigo en castelán, titulado "Incendios de Galicia de 2017", e actualmente o artigo de es.wiki foi movido a "Incendios al noroeste de la península ibérica de 2017" engadindo máis contidos, polo tanto hai que decidir se cambiamos o título e engadimos a información sobre os incendios dos outros lugares da península, ou se eliminamos os interwikis, centramos este artigo nos incendios de Galicia e creamos outro artigo para os incendios da península... Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de outubro de 2017 ás 19:35 (UTC)[responder]

Entendo o lóxico e un para todo o NW. Se non, como se titularía o outro artigo para o resto? Duplicaría info? ※ Sobreira ►〓 parlez 21 de outubro de 2017 ás 22:18 (UTC)[responder]
Penso que ten sentido ter un artigo propio para o caso galego e outro máis amplo para o xeral. No caso galego hai unhas circunstancias moi concretas que precisan dunha análise de seu e profunda (especialmente no que respecta á xestión da Xunta). Penso que un artigo único vai ser demasiado xeral e vai obviar estes aspectos (algo lóxico, xa que do contrario sería un artigo enorme e inmanexable). Creo que podería facerse o artigo xeral, o galego e o portugués, e non creo que iso fora ningún disparate, hai información suficiente como para facer eses tres artigos moi completos, pormenorizados, neutrais... Iso é o que creo eu. Piquito (conversa) 21 de outubro de 2017 ás 22:53 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (marzo 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Vaga de incendios forestais de 2017 en Galicia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 30 de marzo de 2019 ás 18:56 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (abril 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Vaga de incendios forestais de 2017 en Galicia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 16 de abril de 2019 ás 18:04 (UTC)[responder]