Conversa:Lee Friedlander

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Hola, son a persoa que creou está entrada. Supoño que a razón da súa eliminación é a súa brevidade. Sintoo, foi un erro meu, deille antes de meter toda a infromación. Aqui reproduzo toda a información que habería que engadir: Lee Friedlander (nacido o 14 de xullo de 1914 en Aberdeen, Estados Unidos) é un dos máis importantes e influentes fotógrafos norteamericanos do século XX. A súa obra destaca por tentar retratatar a «paisaxe social norteamericana».

Biografía[editar a fonte]

Friedlander cursou os seus estudos académicos de fotografía no Art Center College of Design de Pasadena, California. No ano 1956 múdase a New York onde comezará a traballar para selos musicais especializados en jazz, principalmente para Atlantic, fotografando a muitas das máis destacadas figuras da escena jazzística (Ornette Coleman, Charles Mingus) en imaxes que servirán, en muitas ocasións, para ilustrar as capas de varios discos. Xa en 1960, Friedlander gañou unha bolsa da Guggenheim Memorial Foundation que lle había permitir centrarse na súa arte sen recorrer aos encargos comerciais dos anos anteriores. En 1962 e 1977 voltou a recibir novas bolsas. Estes traballos da súa primeira época van estar influídos por diferentes fotógrafos como Eugène Atget, Robert Frank ou Walker Evans.

A súa obra caracterízase tecnicamente polo emprego dunha Leica de 35mm e do filme en branco e negro, mentres que pola súa temática destaca o retrato da «paisaxe social norteamericana». Deste xeito, as súas fotografías representan imaxes isoladas da vida urbana, reflexos dos escaparates das tendas, cartaces publicitarios, televisións, etc., nunha combinación capaz de capturar o ambiente da vida moderna.

En 1963, o International Museum of Photography da George Eastman House organizoulle a súa primeira exposición monográfica nun museo. No 1967 foi unha das principais figuras, xunto con Garry Winogrand e Diane Arbus, da exibición New Documents no Museum of Modern Art de New York. En 1990 a MacArthur Foundation premiouno cunha MacArthur Fellowship.

Nos útimos anos Friedlander traballa con cámaras de formato medio como a Hasselblad Superwide. A artrite que padece recluiuno no seu lar, obrigándoo a se centrar no seu entorno máis próximo e cotián. O seu libro Stems (talos, troncos) reflecte o seu período de convalecencia ocasionado por unha intervención cirúrcica no xeonllo: segundo Friedlander os seu membros lle recordaban aos enxertos dunha árbore. Estas imaxes ofrecen unhas texturas que non estaban presentes en anteriores traballos do autor, recordando en certa maneira á obra de outros autores como Josef Sudek, quen tamén ten fotografado os espazos reducidos do seu lar e do seu estudo.

En 2005 o Museum of Modern Art de New York ofreceu unha retrospectiva da obra de Friedlander (exposición que viaxaría no outono de 2006 á Galerie nationale du Jeu de Paume en París). Tamén en 2005, recibiu o premio Hasselblad International Award. En 2008 apareceu unha nova retrospectiva, esta vez no Museum of Modern Art de San Francisco, que se veu acompañada por unha exposición de obras máis recentes, baixo o título de America By Car, na Fraenkel Gallery situada non moi lonxe do Museo de Arte Moderna.

Como curiosidade, tamén é de destacar que un dos seus fillos, o violoncellista e compositor Erik Friedlander, é unha destacada figura da escena da música experimental de New York.

Sobre o artigo[editar a fonte]

Hola son Anti Cristo, a persoa que creou esta entrada. Esta é unha versión provisional creada a partir da traducción das entradas en inglés e francés da wikipedia. Agardo que saibades desculpar calquer erro de forma (é a miña primeira contribución á wikipedia e aínda non estou totalmente familiarizado co sistema). Tamén espero poder ampliar a entrada con algunha información adicional. Tal vez sería convinte modificar a redacción do mesmo, creo que non está demasiado claro e ordenado.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Anti Cristo (conversacontribucións)

Ligazóns externas modificadas (abril 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Lee Friedlander. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 7 de abril de 2019 ás 17:04 (UTC)[responder]