Eugène Atget

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Jean Eugène Auguste Atget, nado o 12 de febreiro de 1857 en Libourne, Xironda, Francia e finado o 4 de agosto de 1927 en París, foi un fotógrafo francés.

Índice

Traxectoria[editar]

Logo de traballar en diversos oficios como camareiro ou actor, establécese en París onde se converte en fotógrafo ambulante. Para subsistir dedícase a sacar retratos de persoas na rúa; tamén empeza a crear unha colección propia de fotografías da vida diaria da cidade a principios do século XX. Monumentos, parques, vendedores, prostitutas ou escaparates son algúns dos seus temas máis recorrentes dunha colección que alcanzou máis de 4.000 imaxes. A fotógrafa americana Berenice Abbott, asistenta de Man Ray, adquiriu os seus negativos. O museo de monumentos históricos de París conseguiu 2.000 traballos de Adget en 1927.

As súas fotografías son suxestivas e reflicten a vida diaria parisina, dunha forma espontánea, libre das ataduras doutros movementos máis artísticos. Malia a súa ilustra clientela de artistas (Georges Braque, André Derain, Maurice Utrillo, Mauricio de Vlaminck, André Dunoyer de Segonzac, Moïse Kisling, Tsugouharu Foujita), a situación financeira de Atget é precarea (vivirá durante un tempo sobre os únicos ingresos da súa muller), particularmente durando e logo da Primeira guerra mundial, no transcurso da cal cesa progresivamente de fotografar ata os anos 1920.

Ao final da súa vida a súa figura xa era coñecida entre escritores e pintores da época. Os surrealistas encumbrarono vendo nas súas imaxes, sobre todo nas figuras reflectidas nas cristaleiras, unha visión natural e pura que suxire algo fantasmal. Aínda así morreu na miseria.

Nos Estados Unidos está considerado como un mestre da fotografía, en Francia vólvese a descubrir a partir dos anos 1980. A Bibliothèque nationale de France (París) deu unha retrospectiva Atget desde o 27 de marzo ata o primeiro de xullo do 2007.

Galería de imaxes[editar]

Véxase tamén[editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

Bibliografía[editar]

  • Jean-Claude Lemagny, Sylvie Aubenas, Pierre Borhan, Luce Lebart, Atget le pionnier, Marval, 2000 (ISBN 2-86234-298-X)
  • Sylvie Aubenas, Arbres inédits d'Atget, Marval, 2002
  • (en) Clark Worswick, Berenice Abbott and Eugene Atget, Arena, 2002
  • Josiane Sartre, Atget. L'art décoratif, 2002 (ISBN 2-08-010790-9)
  • Le Paris d'Atget, Taschen, coll. « Icons », 2004
  • Autour d'Atget ; Beauvais, Actualité des faubourgs, Jean de Calan, Guillaume Le Gall, Imaginayres 2005
  • Sylvie Aubenas, Guillaume Le Gall (dir.), Atget : une rétrospective, Hazan, 2007.